Los populares están preocupados porque el informe de intervención de la Cuenta General de 2021 advierte de la “conveniencia de la actualización de las tasas y precios públicos, a la vista de la licitación o modificación de contratos actuales muy ambiciosos, con un incremento extraordinario del gasto público” que no se corresponde con los ingresos
“É moi posible que en 2023 Lara Méndez suba os impostos municipais a todos os lucenses”. Esta afirmación que realiza Antonio Ameijide, vicevoceiro do Grupo Municipal de Partido Popular, non é casual, senón que se desprende do informe e datos analizados da Conta Xeral de 2021.
Sinala Antonio Ameijide que segundo o informe do interventor que se xunta na Conta Xeral de 2021 “os estados de execución orzamentaria en materia de ingreso, en relación a exercicios precedentes, reflicten un importante estancamento na súa evolución, completamente diferente á evolución ascendente en materia de gastos, polo que compre detectar aqueles feitos impoñibles cuxa realización debera de implicar o nacemento dunha obriga de carácter tributaria, e que na actualidade non teñen reflexo na contabilidade municipal”.
Unha situación que, apunta o interventor, podería desembocar na “conveniencia da actualización das taxas e prezos públicos, á vista da licitación ou modificación de contratos actuais moi ambiciosos, cun incremento extraordinario do gasto público, que non están amparados polo correspondente aumento en materia de recadación de ingresos (Servizo de augas e saneamento e servizo de limpeza viaria e recollida de residuos urbanos e transporte para o seu tratamento, entre outros).
Reflexións que se obteñen de datos interesantes, como o estado da liquidación de 2021, onde hai un desfase negativo de 2.896.419,65€. Ou o que é o mesmo, “Lara Méndez gasta máis (94.138.671,09€) do que ingresa ou prevé ingresar (91.242.251,44€)”. Un dato que deixa unha primeira reflexión “alarmante para todos os lucenses” como é que “confírmase o complexo de nova rica que ten Lara Méndez xa que dilapida moito máis do que ingresa, como advirte o interventor”.
Antonio Ameijide sinala que a este dato “alarmante” hai que engadir outro “dubidoso mérito” á alcaldesa. O Concello de Lugo ten acumulados, dende 1992, 32.801.293,35€ en saldos de dubidoso cobro. Deses case 33M€ Lara Méndez xerou 26.002.729,58€ desde 2015, “unha mostra máis da nefasta xestión da rexedora á fronte do Concello de Lugo e de que ano tras ano as súas contas están falseadas e infladas, gastando moito máis do que ingresa, polo que carece de respaldo financeiro algún”.
No capítulo de ingresos, o goberno de Lara Méndez ingresou a metade do previsto. Inicialmente contaban uns ingresos de 152.321.089,10€ entre ingresos iniciais e modificación e incorporacións orzamentarias, pero a realidade amosou que se quedaron en 77.776.266,73€, ou o que é o mesmo “Lara Méndez recadou so o 51% do previsto, unha nova mostra do que sempre denunciamos dende o PP, as contas municipais eran ficticias”.
Avaliando os ingresos, vense os desfases claramente. No imposto de vehículos de tracción mecánica, Lara Méndez agardaba ingresar 6.000.000€ pero a realidade amosa que quedou en 4.833.926,98€, un 20% menos.
Dende o PP levamos anos alertando de que a mala xestión de PSOE e BNG á fronte do Concello de Lugo provocaba que se afastaran investimentos no municipio, desincentivando a creación de emprego e botando empresas e persoas fóra de Lugo. “A proba máis evidente é o fracaso e a baixada con respecto ás previsións de ingresos vencelladas á actividade empresarial, así como á construción, sector moi necesario para a posta en macha de novas iniciativas de autónomos e empresarios ou para o asentamento de poboación”, indicou.
No imposto de actividades económicas, tiñan previstos uns ingresos de 4.600.000€ e realmente ingresaron 3.437.462,52€, un 26% menos.
No ICIO, o recadado foi o 55% do agardado, pasando dunha previsión de 2.000.000€ a uns ingresos reais de 1.144.539,39€. Deixando patente a paralización da construción polo freo das licenzas así como a falta de captación de proxectos empresarias ou de emprendemento.
No referente ás licenzas urbanísticas e por apertura de establecementos as previsións rexistran desfases de máis do 60%. “Claramente, o freo de Lara Méndez á actividade económica vese aquí. Xa non vale a escusa da covid. Os datos din que Lugo decrecendo e, posiblemente, camiño dun problema económico grave”, afirmou. A previsión era ingresar 1.100.000€ por ambos conceptos, quedando a realidade en 723.456,55€, o 65% da previsión, “nunha mostra máis da mala planificación do goberno municipal”.
Pero hai máis datos que reafirman esta preocupación. Por ocupación do solo recadaron un 17% menos do esperado; por escombros, valos e puntais recadaron un 50% menos. “Cantos máis datos avaliamos, a situación cada vez é máis preocupante”, explicou Ameijide.
Unha redución nos ingresos reais en relación ás previsións que amosan dúas cousas. Primeiro, un goberno que segue a aprobar unhas contas infladas e, segundo, que todo apunta ao que o interventor indica no seu informe: que en 2023 haberá unha suba de impostos municipais.
Un apunte que se apoia en máis datos. Polo ciclo da auga Lara Méndez estimaba ingresar 7.712.007€ pero en realidade obtivo 4.606.458€, un desfase superior ao 40%. No que se refire á recollida de residuos as previsións apuntaban a 7.281.000€ de ingresos pero a realidade quedou en 4.880.802,90€. “Cando o contrato do lixo era ‘barato’ había un desfase do 35% e agora que renovaron o contrato e aumentou o seu custe ata os 11.700.000€ anuais preguntamos, de onde vai saír o diñeiro para pagar estes servizos?”, sinalou o popular.
No referente a transferencias correntes doutras administracións, Lara Méndez tamén prevé ingresar máis do que a realidade amosa.
Dos 3.893.225,82€ que prevían ingresar da Unión Europea unicamente xustificaron chegaron 324.547,83€, o 8%. Incluso noutra partida agardaban recibir 3.034.822,06€ do Estado, quedando esta previsión a 0€.
Pola contra, hai partidas nas que Lara Méndez si que ingresou unha cantidade maior á prevista. Por exemplo, nos vaos ingresaron 83.000€ máis dos agardados, o que pon de manifesto que “cando desde o PP que se corrixira a suba desorbitada dos vaos, xa que nalgún caso se duplicaba o custe, non mentiamos”.