Medio Ambiente

El PP pide la retirada de un árbol caído en el Paseo del Miño a la altura del restaurante ‘Los Robles’

By 14 junio, 2022No Comments

Los concejales populares instan al gobierno local a realizar las gestiones oportunas para proceder a la retirada de este árbol, caída sobre el paseo desde hace dos semanas, ya que es una molestia para los cientos de lucenses que a diario emplean esta zona para pasear y ahora que con la llegada del verano eligen esta zona para pasar el tiempo de ocio

O Grupo Municipal do Partido Popular pide ao goberno local que realice as xestións oportunas para proceder á retirada dunha árbore caída sobre o paseo do Miño, á altura do restaurante Os Robles, e que leva aí tirada unhas dúas semanas, aproximadamente.

Sinalan os concelleiros populares que son moitos os lucenses que amosaron o seu malestar por esta situación, tendo en conta que xa pasou un tempo máis que prudencial para proceder á retirada da árbore.

Os populares tamén sinalan que sería preciso realizar un estudo de todas as árbores da zona para coñecer o seu estado de saúde, sobre todo agora que coa chegada do verán esta zona contará con centos de usuarios a diario, ben sexa para pasear, facer deporte, bañarse no río ou pasar o tempo de ocio.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies