Los concejales populares están preocupados por la seguridad en el municipio después de recibir fotos de vecinos en las que se ven las bocas de incendio abandonadas, montones de hierba, basura o maleza
As bocas de incendio que hai na cidade están a amosar unha imaxe que dista moito de dar seguridade aos lucenses. Moitas delas semellan abandonadas, están cheas de herbas, lixo ou terra, demostrando o nulo interese do goberno local na seguridade de todos.
Os concelleiros populares recordan que xa pediron en varias ocasións o mapa da localización das bocas de rego ou incendio que hai no municipio, pero ata día de hoxe non obtiveron resposta algunha. “Pola información que nos chegou nin os propios bombeiros teñen un mapa coa localización de todas estas bocas de incendio, o que fala ás claras da nula preocupación do goberno local pola seguridade de todos”, lamentan.
Non é a primeira vez que os bombeiros da cidade teñen problemas á hora de extinguir un incendio, como sucedeu o ano pasado durante o incendio de O Ceao ou, anos atrás, co incendio das churrerías do feiral do San Froilán, onde os bombeiros tiveran dificultades para atopar as bocas de riego.
Ante esta situación, dende o Grupo Municipal do Partido Popular pedirán ao goberno local que se realice unha revisión de todas as bocas de incendio que hai no municipio, así como pedir acceso ao mapa de localización das mesmas e que este se facilite a todos os corpos de emerxencias da cidade, no caso de que non se fixera aínda, para que, en caso de necesidade, as poidan ter localizadas.