Zona Rural

El PP pide la supresión de los puntos de recogida de plásticos

By 19 febrero, 2016No Comments

El concejal popular Manuel López ve al gobuerno municipal “cómplice” de la proliferación de “auténticos vertederos incontrolados” en una decena de parroquias

O Grupo Municipal do Partido Popular reclama ao goberno municipal a supresión dos puntos de recollida de plásticos da zona rural, “tanto dos promovidos polo Concello, coa preceptiva autorización (nos lugares de Burgo, Coeses, San Xoán do Campo e Malle) como dos que malia a estar feitos pola administración municipal nin sequera contan con este permiso autonómico”.

Tal como explica o edil de zona rural, Manuel López, “o goberno municipal é cómplice da proliferación de auténticos vertedoiros incontrolados, que é no que se converteron na práctica estes puntos”. Nesa liña, o popular apunta que “o estado actual destes depósitos reflicte o fracaso absoluto deste modelo”, polo que pide que se substitúa por outro sistema, de periodicidade determinada en puntos fixos de diversas parroquias “para acabar cos focos de insalubridade actuais”.

Posibilidade de sancións e importancia para gandeiros.-

Así mesmo, o popular advirte de que “non só falamos do evidente perigo de incendios e medioambiental que entraña a despreocupación dos socialistas”, senón que “incluso están expoñendo a que sexan sancionados os propietarios de fincas de varios núcleos nos que o Concello habilitou puntos de recollida de plásticos que son completamente ilegais ao non contar coa preceptiva autorización autonómica e non dispoñer sequera de peche”.  Deste xeito, Manuel López detalla que “algúns veciños viron como se lles abrían expedientes por esta circunstancia e chegaron a incluso poder ter que facer fronte a sancións coercitivas de ata 6.000 euros”.

Por outra banda, o concelleiro popular responsable de Zona Rural tamén salienta a importancia “capital” que ten este asunto para os gandeiros das parroquias lucenses. “A este goberno municipal éncheselle a boca de presumir de protexelos pero á hora da verdade déixaos desamparados incluso en temas tan sinxelos de atender como unha alternativa viable para a recollida dos seus plásticos, cuestión sobre a que a normativa é cada vez máis estrita”, reflexiona.

Por último, López lembra que no verán pasado se produciron incendios en todos estes puntos, polo que urxe aos socialistas a dar unha “solución definitiva a un problema que se arrastra ano tras ano”. “Non podemos consentir que os veciños do rural continúen con este risco medioambiental e este perigo de incendios nin un mes máis”, conclúe.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies