La concejala popular lamenta “que en un tema tan sensible como este el gobierno local sea incapaz de impulsar las diferentes herramientas municipales para la lucha coordinada contra esta lacra social”
O Grupo Popular propón ao pleno reactivar as diferentes ferramentas municipais para levar a cabo unha loita coordinada contra a violencia de xénero “estamos falando de mecanismos que deberían estar funcionando a pleno rendemento pero que, inexplicablemente, no Concello de Lugo están desaparecidos” .
En primerio lugar os populares reclaman que Lugo se adhira á Rede Galega de entidades locales subliñando que “é inexplicable que Lugo non se tivera sumado a este fórmula de traballo conxunta creada a raiz dun convenio asinado en 2012 entre a Xunta e A FEGAMP”. A popular defende a necesidade de incorporarse a este protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero. A concelleira do PP explicou que o feito de estar dentro desta Rede facilita o acceso a outros recursos e púntua nos baremos das axudas destinadas á prevención.
A popular Mari Teijeiro explicou que na iniciativa que o Grupo Popular presenta para o vindeiro pleno tamén reclama aos socialistas de Lugo “que creen a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional e que se reactive, dunha vez por todas, a Mesa Técnica contra a Violencia de Xénero creada en 2010 e que naceu co ánimo de reunirse cunha periodicidade trimestral”. Sobre este último organismo Teijeiro lembrou que o seu cometido impulsar a posta en marcha dun Protocolo de Prevención e actuación así como un acordo de boas prácticas que garantan “a existencia dunha rede sólida de resposta e apoio a nivel local para as vítimas de violencia de xénero”. En seis anos tan só se mantiveron 3 xuntanzas (a constitución en maio de 2010, e outras dúas máis en xuño 2010 e en xaneiro de 2011).
Outro instrumento esencial para a loita contra a violencia de xénero é a elaboración do VI Plan de Igualdade que “os socialistas teñen parado dende hai dous anos”.
A popular agarda unha maior implicación do goberno á hora de utilizar estes instrumentos “Lugo non pode quedarse atrás tense que comprometer máis na loita contra esta problemática social, queda moito traballo por facer”. A petición que elevamos a pleno contribuirá a mellorar a coordinación e o traballo en rede e de forma transversal non só para dar resposta e atención ás vítimas senón tamén para anticiparse e previr agresións que non deberan ter cabida na nosa sociedade”, concluiu.