El portavoz del Grupo Municipal del PP Ramón Carballo exige que el gobierno local aplique esta medida ya que hay afectados que presentaron su reclamación en el año 2020 y ya no tienen opción a devolver de motu propio los recibos con importes excesivos ya que pasaron más de dos meses desde que se pasaron a cobro, por lo que exceden el plazo máximo legal para devolverlos
Os lucenses seguen a comprobar a pouca empatía do goberno local cos cidadáns, xa que a comisión de queixas e suxestións experimentou unha nova avalancha de reclamacións de lucenses por cobros excesivos nos recibos da auga, o que evidencia que as palabras de Álvaro Santos dicindo que era un problema menor foron un claro erro.
Unha avalancha de queixas que, xunto á presión exercida dende o Grupo Municipal do Partido Popular, obrigou ao goberno local a revisar todas as reclamacións dos recibos da auga e a comunicar aos lucenses que devolvan os recibos que presentan cobros indebidos para poder realizar recalcular os consumos. Unha solución que, nalgúns casos, é errónea, xa que hai afectados que presentaron a súa reclamación durante o 2020 e aínda non obtiveron resposta, polo que xa pasaron máis de dous meses dende que se procedeu ao cobro dese recibo. Ante esta situación, Ramón Carballo di ao goberno local que debería de devolver os recibos de oficio e así logo realizar o cálculo correcto. No caso de non poder realizar esta opción, o Concello de Lugo podería compensar os cartos cobrados indebidamente nos vindeiros recibos.
Nesta comisión, explica o voceiro popular, deuse conta de 52 queixas atendidas polo goberno local só no último mes, a maioría delas estimadas, pero aínda quedan 130 pendentes de resposta e todas elas xa fóra de prazo.
Ramón Carballo recorda que dende o Grupo Popular xa se levan varios meses axudando aos lucenses a realizar as reclamacións oportunas ante os cobros indebidos e pese a que algún concelleiro do goberno tentou desprestixiar esta axuda aos veciños cualificando de “oficina tenderete” o lugar no que se atendían as reclamacións, vemos como “non lles quedou outra que recuar” e tomar o camiño sinalado polo Grupo Popular: “recalcular os recibos para cobrar a auga ao prezo que corresponde”.
PSOE e BNG seguen acumulando queixas
Nesta comisión tamén quedou patente como PSOE e BNG seguen a ignorar aos lucenses e as súas reclamacións xa que teñen pendente, e fóra do prazo legal para dar resposta, 147 reclamacións de cidadáns que están descontentos con diversos eidos da vida diaria da cidade.
Destas 147 reclamacións, 138 corresponden a áreas xestionadas polo PSOE e 9 a áreas do BNG, polo que tanto a alcaldesa como o vicealcalde teñen que poñerse a traballar para respostar estas reclamacións e poñer freo ao constante goteo de queixas que chega cada mes.