Los populares reclaman “a PSOE e BNG de Lugo que actúen con la misma celeridad que están a tener en el caso de la casa okupa de su propiedad en el Carme, que cuando se trate de una okupación de una vivienda particular”.
“Se a un veciño lle okupan unha propiedade hai que, dende o minuto cero, implicar de forma activa aos Servizos Sociais do concello para analizar a situación das persoas que participan nas okupacións e, tamén, acompañar aos afectados durante o proceso para recuperar a súa propiedade xa que o tempo é vital para desaloxarlos”.
Nese senso lembran que o Grupo Municipal propuxo crear unha oficina de asesoramento xurídico e social a cidadáns afectados por unha okupación ilegal e que PSOE e BNG votaron en contra desta proposta.
Outra cuestión “incomprensible” é que PSOE e BNG se neguen a realizar un informe ou mapa de localización para situar con claridade os puntos con propiedades okupadas no municipio” xa que “sería unha ferramenta que axudaría a cortar o efecto chamada ou incrementar a presenza policial para evitar os asaltos á propiedade privada nos puntos quentes do municipio”.
Para os populares “a inacción, durante anos, de PSOE e BNG en Lugo provocou o efecto chamada dos okupas en varios barrios como Gándaras, Sagrado Corazón, Milagrosa, A Ponte …”.Cando puxemos propostas sobre a mesa para solucionar esta problemática que preocupa á veciñanza o goberno socialista acusounos de ser “alarmistas” mofáronse do Grupo Popular asegurando que “o problema dos okupas en Lugo era unha invención nosa” e dixeron que “a okupación non é un problema que en Lugo teñamos neste momento”.
Dende as filas populares tamén seguen defendendo un endurecemento da lexislación para poder expulsar inmediatamente aos okupas ilegais nun prazo máximo de 24 horas tras ser requeridos polas autoridades e trala correspondente denuncia.