DeportesInfraestructuras

El PP pide al bigoberno que tome en serio la creación del nuevo pabellón polideportivo y lo instale en San Fiz

By 7 febrero, 2020febrero 10th, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy explica que en esta zona de la ciudad hay numerosas parcelas de titularidad municipal, por lo que el bigoberno podría tomar en serio la creación de esta nueva instalación deportiva debido al alta demanda que tienen por parte de la ciudadanía, por lo que remitirá un ruego a la comisión correspondiente para instar su construcción

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, recorda ao bigoberno de Lugo o compromiso adquirido no pleno de construír un novo pavillón polideportivo na cidade, unha gran necesidade para desconxestionar as instalacións xa existentes, “saturadas” xa que por sorte “os lucenses practican moito deporte”.

Óscar Poy incide na necesidade de que esta infraestrutura sexa unha realidade, sobre todo, despois das acusacións realizadas polo voceiro do goberno local Miguel Fernández, nas que acusou ao Grupo Municipal Popular de levar ao pleno “asuntos que non son de interese para os lucenses”. Pois ben, a creación do polideportivo é unha demanda que os populares levaron a pleno neste mandato e no anterior e en ambas ocasións se aprobou a iniciativa. “Semella que quen non ten interese en facer cousas polos lucenses é o goberno local, que nos últimos anos non destinou nin un euro nos orzamentos á creación dun novo polideportivo en Lugo”, denunciou.

Por iso, o Grupo Municipal do Partido Popular se remitirá un rogo á comisión correspondente para recordar a iniciativa aprobada en pleno e que esta dotación se podería instalar en San Fiz.

O concelleiro popular recorda a necesidade de acometer a construción desta nova instalación, que podería situarse na zona de San Fiz, onde o Concello de Lugo ten terreos en propiedade. Neste senso, Óscar Poy recorda os 60.000€ que custaron aos lucenses, en 2015, o acondicionamento dos terreos que se destinaron a zona deportiva, pero que na actualidade presentan unha imaxe “lamentable, con maleza invadindo por completo todo o campo de terra”, facendo que esta zona quede “inhabilitada” para que calquera poida practicar deporte nesta zona.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies