El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López señala que en esta pista cada año se producen hundimientos en la vía, seguramente por una fuga de agua, por lo que el gobierno local debería de poner una solución definitiva la este problema
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, faise eco das queixas recibidas por parte de veciños de Orbazai e de usuarios da pista que una esta parroquia coa de Adai.
Explica o concelleiro popular que neste vía hai un problema recorrente, xa que todos os anos aparece un afundimento na calzada de grandes dimensións, seguramente por unha fuga ou vía de auga por debaixo da estrada. Unha situación que cada ano se produce, o goberno local bachea e así constantemente. “Non se trata de parchear e agardar ata o próximo ano”, sinala.
Manuel López pide ao goberno local que realice un estudo para coñecer con exactitude os motivos concretos de que periodicamente apareza ese afundimento, seguramente provocado por unha vía de auga, polo que é preciso ver cal é o mellor método para canalizar esa auga e así garantir o bo estado desta pista.
O certo é que son centos os lucenses que empregan a diario esta pista xa que, ademais de unir estas dúas parroquias, é empregada para acceder a outros núcleos de poboación próximos e tamén porque dá acceso a diferentes instalacións ou empresas.
Neste senso, Manuel López non esquece que se trata dun problema endémico en todas as pistas das parroquias do rural, polo que urxe ao goberno local a realizar tamén un repaso de todas as pistas municipais para proceder ao seu arranxo e aproveita para recordar que en breve será preciso iniciar as tarefas de desbroce, xa que a maleza comeza a invadir as pistas na maior parte das vías municipais.