transparenciaTransporte Urbano

El PP pide al bipartito menos propaganda y medidas sostenibles como viajes gratuitos en buses para menores de 18 años

By 2 diciembre, 2019diciembre 5th, 2019No Comments

El vicevoceiro popular pide menos postureo a Rubén Arrojo que “en seis meses como vicealcalde el único que hizo fue a pintar dos autobuses de rubio” y le reclaman a los nacionalistas que en vez de “viajes propagandísticos cumplan el acuerdo de pleno, iniciativa del PP y que en su día apoyó el BNG, que establecía autobuses gratuitos para los xóvenes lucenses con el ánimo de fidelizar futuros usuarios”

O vicevoceiro do Grupo Popular reclama ao bigoberno que financie o transporte público dos mozos e mozas menores de 18 anos seguindo o modelo do transporte metropolitano da Xunta. “Estas iniciativas supoñen un compromiso real e se afasta do postureo do vicealcalde que se reduce a elixir o color dos autobuses ou a organización de viaxes propagandisticas” reflexionaba o popular. Esta proposta da autoría do PP conta co respaldo dos nacionalistas, lembraba Antonio Ameijide. “Con esta iniciativa si xeramos o hábito de coller o autobús entre os xóvenes e por riba teñen un retorno no eido da mobilidade e tamén no ámbito medioambiental”

O Partido Popular tamén pide ao bigoberno que garanta o mantemento e a conservación das marquesiñas e os postes de paradas de autobuses xa que “en todos os barrios atopamos exemplos de postes en mal estado, sen información das liñas, ou se a hai é practicamente ilexible”.

O vicevoceiro popular explicou que, mentres non se avanza no novo modelo de autobuses, hai que prestar un servizo mínimo aos veciños e como exemplo do deterioro e da falta de mobiliario de autobuses puxo o caso da Avenida de Magoi “onde tan só hai unha única marquesiña, a outra que existía enfrente dunha área comercial e que sufriu un accidente por mor do choque dun autobús nunca se repuxo, eso si quedou o mupi de publicidade comercial”.

Antonio Ameijide lembra que “a empresa que explota a publicidade en soportes exteriores propiedade municipal era a que tiña que encargarse do seu mantemento pero leva dende hai tres ano sen contrato”. O popular criticou que o bigoberno continue permitindo que unha empresa privada se facture por utilizar estes soportes a pesar de que en setembro de 2016 a multinacional rematou o contrato “Clear Channel está obtendo beneficios por unha actividade comercial pero, nin paga un euro a cambio ao concello nin tampouco se fai cargo do mantemento do mobiliario”.

O vicevoceiro popular lembrou como “cando entraron no goberno os socialistas, no ano1999, tardaron só uns meses en ampliar a seis anos máis, pola porta de atrás este contrato, pasando dos dez anos previstos máis unha posible prórroga de tres anos, a 19 anos de contrato máis os dous anos de forma alegal”.

Esta situación provoca que, ano tras ano, se deteriore máis o mobiliario dos autobuses urbanos que no caso dos postes informativos se agrava co paso do tempo. Antonio Ameijide subliñou como “moitos deles están rotos, moi deteriorados, e os que desapareceron non se repuxeron como son os casos da rúa Vilalba e a Avenida de Magoi”.

O vicevoceiro popular explicou que tamén urxe que se atendan as demandas veciñais que reclaman a colocación de novas unidades de marquesinas en puntos como As Gándaras (fronte á residencia da terceira idade) ou tamén no barrio da Ponte antes do cruce que comunica coa Nacional VI.

Os populares afirman que o despropósito sobre a información que se ofrece das liñas de autobuses chega ata tal punto que nos poucos lugares onde atopamos información, como é o caso da marquesina de Ánxo López Pérez, as rutas están desactualizadas “inclúen no itinerario rúas peonís como é San Marcos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies