Personal

O PP pide ao bipartito que nomee aos xefes de servizo dos departamentos que están sen responsable

By 8 julio, 2019julio 24th, 2019No Comments

O voceiro Popular Ramón Carballo xunto con edís do Grupo municipal iniciaron hoxe unha rolda de visitas das distintas dependencias municipais. Na casa do concello deron a benvida aos funcionarios de intervención que, dende hoxe, ocupan a zona onde estaba persoal, aos funcionarios de cultura e tamén aos de actas.

Ao longo desta semana tamén visitarán o edificio administrativo do seminario así como tamén a sede da policía local e bombeiros. No que resta de mes achegaránse aos diferentes servizos co obxectivo de presentarse e poñerse á disposición do persoal de cada departamento.

Ramón Carballo afirma que o seu equipo manterá un contacto directo co persoal e afondó na idea de que “hai que recuperar a imaxe da institución e poñer en valor os profesionais que hai na casa”.

O voceiro do Grupo Popular puxo de manifesto que “é necesario dárlle unha volta ao Concello dende dentro. Urxe acabar coa parálise e  mellorar a prestación de servizos aos cidadáns”.

Tras achegarse hoxe algunhas das dependencias municipais Ramón Carballo  reclamou que se cubran, canto antes, as xefaturas que a día de hoxe están sen responsable como son: arquitectura,   bombeiros, protocolo, banda de música ..

Por último o popular agarda que “tendo en conta que son un equipo no que todos os concelleiros cobran soldo non terán o descaro de recurrir ás figuras dos directores xerais” xa que suporía “duplicar ainda máis o custe do goberno”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies