Deportes

El PP pide al gobierno local la apertura de los pabellones de los CEIPs ante la falta de instalaciones deportivas la disposición de los clubes

By 20 octubre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy explica que realiza esta petición después de conocer que el gobierno local no realizó en plazo a solicitud a los IES que hay en el municipio, que finalizó el 30 de septiembre, para poder emplear las instalaciones deportivas de estos centros educativos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, amosa a súa preocupación pola falta de instalacións deportivas que hai na cidade, unha eiva que dificulta o día a día de moitos clubs que teñen que aproveitar ao extremo cada minuto que poden empregar unha instalación pública, instalacións xa de por si saturadas ata o punto de que pode ser moi complicado a práctica do deporte por libre de calquera veciño.

Unha situación ante a que o concelleiro popular quere realizar unha proposta: que o Concello de Lugo abra aqueles pavillóns de centros educativos de titularidade municipal, para facilitar a práctica deportiva na nosa cidade, toda vez que o goberno local desbotou a posibilidade de solicitar aos IES o uso das instalacións deportivas destes centros.

Explica Óscar Poy que Mauricio Repetto debe de estar satisfeito co xeito que ten de dirixir a concellería de Deportes, mantendo saturadas as escasas instalacións deportivas que hai en Lugo, polo que optou por non acollerse ao acordo asinado entre a Fegamp e a Xunta de Galicia para que os concellos soliciten o uso das instalacións deportivas dos centros de ensino secundario.

Segundo este acordo “o concello que teña a intención de usar as instalacións deportivas do/os IES situado/s dentro do seu ámbito territorial deberá presentar, ante a dirección do centro educativo que se trate, durante o mes de setembro, unha solicitude”, algo que o Concello de Lugo non fixo.

Ante esta situación, Óscar Poy realiza ao goberno local esta proposta en positivo, pensando en aproveitar todos os recursos dos que dispón o goberno local para poder dar resposta ás necesidades dos deportistas da cidade, toda vez que o goberno local xa desaproveitou a ocasión de solicitar aos centros educativos un bo número de instalacións deportivas existentes nestas instalacións.

Entende o concelleiro popular que ante a demanda popular existente o lóxico sería ter solicitado máis instalacións pero, como non o fixeron, será o goberno local o que deberá dar o paso e dar resposta a esa demanda social poñendo a disposición instalacións existentes en Ceips, como pode ser, por exemplo, o pavillón do CEIP Luis Pimentel, o do CEIP A Ponte, o do CEIP Paradai ou o do CEIP Manuel Mallo Mallo, entre outros que hai no municipio e que poden ser moi útiles para desconxestionar as instalacións actualmente abertas e saturadas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies