Zona Rural

El PP pide al gobierno local a eliminación de una curva peligrosa en Santuiños, en Piugos, que impide el paso a camiones y maquinaria agrícola

By 6 noviembre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que hace años que los vecinos alertaron de este problema por lo que en aras de dar una solución, desde el Grupo Municipal Popular, nos sentamos a hablar con los propietarios de la vivienda que dificulta la circulación para negociar su cesión al ayuntamiento y así descongestionar el tráfico.

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pide ao goberno local que elimine unha curva perigosa no lugar de Santuiños, en Piugos, na que camións e maquinaria agrícola de grandes dimensións non poden circular.

Manuel López explica que se trata dunha curva pecha e perigosa, da que xa ten coñecemento o goberno local xa que se colocou sinalización, como espellos para mellorar a visibilidade, pero pola que non poden pasar nin camións nin maquinaria agrícola de grandes dimensións, polo que dificulta moito o día a día dos veciños da zona, que piden unha solución.

E a solución pasa pola eliminación dunha vivenda nesa curva, algo que xa xestionou o concelleiro popular despois de sentarse a falar cos propietarios do inmoble, que afirman ceder gratuitamente a casa ao concello a cambio de que sexa o goberno local o que se comprometa a mellorar a accesibilidade nesta zona. “Falamos de que se os propietarios ceden a casa gratis, unicamente piden que o concello realice os traballos necesarios para ampliar a curva, mellorando a visibilidade e facilitando o paso a todo tipo de vehículos”, apunta.

Apunta o popular que a xestión xa está feita e o compromiso está aí, polo que agora é o goberno local o que ten que dar o paso de comprometerse a realizar esta actuación para poder mellorar a vida diaria dos veciños, xa que cómpre recordar que nesta zona hai moitos veciños que traballan no sector primario e non poden pasar por este punto coa súa maquinaria e os seus provedores teñen tamén dificultades no acceso, sen esquecer que moitos teñen que dar un rodeo moi grande para acceder as súas vivendas debido á imposibilidade de acceder dende a estrada de Portomarín, que é o acceso máis cercano.

Por iso, Manuel López presentará no pleno deste mes un rogo para instar ao concello a solucionar este problema que, gracias á mediación dos populares, ten unha solución sinxela e rápida.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies