LimpezaMedio Ambiente

El PP pide al gobierno local la limpieza de la calle Primavera después de conocer que es una vecina la que está limpiando la maleza con una tijeras

By 31 octubre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que se acercaron hasta esta zona de la ciudad después de recibir la llamada de los vecinos y comprobaron el trabajo realizado por esta mujer, mientras el resto del entorno está lleno de maleza, una situación que facilita la proliferación de ratas

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pon o punto de mira na falta de aseo urbano en determinadas zonas da cidade, como pode ser o entorno da Avenida das Fontiñas, un punto no que se producen periodicamente este tipo de queixas, sen que o goberno local se decida a facer algo para solucionalo.

Explica Rafael Pérez que, concretamente nas rúas Primavera e Outono, os veciños xa están fartos de ver como a maleza medra sen control sen que desde o Concello de Lugo lles dean unha solución, a pesar de que xa avisaron deste problema en varias ocasións, chegando ao extremo de que unha veciña, cansa da situación, comezou a limpar ela mesma a maleza cunhas tesoiras.

Esta veciño decidiu actuar en lugar de seguir agardando por unha solución que non chega por parte do goberno local, farta da imaxe que ve cada día. Unha zona na que tamén debería prestar máis atención o propio goberno local xa que hai un vehículo abandonado dende hai meses, tendo a porta do acompañante aberta, varios cristais rotos e está cheo de lixo e vexetación, tanto no seu interior como na parte exterior.

No que atinxe á rúa Outono, os veciños apuntan sempre ao mesmo punto, unha pequena ladeira na que a vexetación medra, sendo o punto idóneo para que roedores campen as súas anchas, xerando situacións de insalubridade para os veciños. “Algún xa nos indicou que a primeira hora da mañá chegou a contar ata cinco ratas correndo arriba e abaixo pola rúa”, explica o popular.

Os concelleiros populares se achegaron ata a zona despois de recibir a chamada dos veciños, seguindo así co percorrido que están a facer por todos os barrios da cidade, escoitando os problemas que lles transmiten os veciños para poder buscar solucións axeitadas aos seus problemas, polo que pedirán a limpeza inmediata e un plan de desratización para estas rúas, xa que son problemas que se poden solucionar con actuacións inmediatas, e logo con controis periódicos e un pouco de vontade política por parte do goberno local.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies