Zona Rural

O PP pide ao goberno local a reasfasfaltar varias pistas en Meilán, debido ao deterioro que presentan

By 19 agosto, 2020No Comments

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Manuel López explica que o bigoberno municipal segue a ignorar o estado no que se atopan moitas das pistas das parroquias do rural, entre elas as de Santiago de Meilán, que teñen zonas con grandes baches que dificultan a circulación dos vehículos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, denuncia o mal estado no que se atopan as pitas da parroquia de Santiago de Meilán, unha zona na que nos últimos meses as pistas se deterioraron considerablemente sen que o goberno local poña unha solución sobre a mesa.

Manuel López explica que diferentes zonas desta parroquia, como poden ser a Rubiana, Castro, Pacios ou A Tolda presentan considerables desperfectos nas pistas, baches de grandes dimensións que dificultan a circulación de vehículos, un problema co que teñen que convivir diariamente os veciños da parroquia, polo que esixen que se arranxen estas deficiencias para evitar posibles danos nos seus vehículos, xa que algunha das fochancas é de grandes dimensións.

O concelleiro popular explica que xa na entrada á parroquia desde a N-VI xa se ven os primeiros baches, o que permite facerse unha imaxe bastante clara do que se poden atopar os condutores no resto da parroquia.

Ante esta situación, Manuel López reitera a necesidade de que o bigoberno municipal realice o asfaltado das pistas desta parroquia para evitar máis problemas aos veciños da zona.

Ante esta situación, Manuel López insta ao goberno local a crear un plan de revisión das pistas de todas as parroquias para arranxar todas as deficiencias que se detecten e así evitar problemas aos veciños do rural, que cada día teñen que sufrir estes e outros problemas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies