Rafael Pérez explica que hay malestar entre los vecinos ya que este punto lleva muchos meses en un estado deplorable, con baches de varios centímetros de profundidad y alguno de medio metro de anchura, lo que dificulta seriamente la circulación
Os veciños de Santiago de Meilán están cansos de ter que sufrir as incomodidades que supón o mal estado do paso soterrado baixo a N-VI que hai na parroquia, á altura do quilómetro 506.
Ante esta queixa veciñal, os concelleiros populares achegáronse ata a zona e comprobaron que as protestas están máis que fundamentadas. Sinala o edil popular, Rafael Pérez, que se trata dun punto moi transitado xa que serve de saída da N-VI para os veciños que viven en Meilán e tamén para moitos dos traballadores do polígono de O Ceao.
A realidade é que as fochancas que hai neste punto son dunhas dimensión considerables, sen esquecer a gran cantidade de grava solta no chan, que xa fixo patinar a máis dun vehículo.
Ante esta situación, Rafael Pérez presentará un rogo a comisión para pedir ao Concello de Lugo a que faga as xestións oportunas para que se arranxe esta vía e así dar resposta as queixas dos veciños, en aras a mellorar a seguridade viaria.