Rafael Pérez explica que acudieron a la zona tras la llamada de varios vecinos y trabajadores del polígono industrial y comprobaron los enormes hundimientos que presenta esta vía, que en su mayor parte está llena de baches
O abandono ao que PSOE e BNG someten aos veciños das parroquias é unha tónica xa instaurada no Concello de Lugo que, lonxe de solucionarse, cada día se acrecenta máis.
Nesta ocasións, o concelleiro popular Rafael Pérez explica a situación da rúa dos Canteiros, xusto na parte traseira do polígono de O Ceao, na parte que une esta zona industrial coa N-VI. “Acudimos trala chamada dos veciños e comprobamos o terrible estado que presenta esta vía”, afirma.
Durante a visita, Rafael Pérez puido constatar as grandes dificultades que teñen que superar os traballadores que empregan esta vía para poder realizar o seu traballo. “Vimos como incluso furgonetas teñen que conducir en zig-zag, dun lado a outro da estrada para poder circular. Está claro que iso é calquera cousa menos unha estrada en condicións”, lamentou.
Por iso, dende o Grupo Municipal Popular defenderán un rogo no pleno deste xoves para que o goberno local proceda ao arranxo desta rúa.