Beatriz Vázquez insta a PSOE y BNG a mejorar la calidad del servicio a los turistas mejorando la atención, poniendo en servicio todos los materias que hay en los museos, en lugar de conformarse con el volumen de turistas, es preciso repensar el turismo para mejorar la atención y los servicios que desde el Ayuntamiento se da a los turistas
Como cada 27 de setembro, hoxe celébrase o Día Mundial do Turismo. Este ano conmemórase baixo o lema ‘Repensar o turismo’ polo que desde o Grupo Municipal do Partido Popular piden ao goberno local que “repense o turismo en Lugo cara a un turismo de calidade que queira vivir experiencias exclusivas, un turismo que fuxa das masificacións, que sexa sostible e respectuoso coa nosa contorna natural, pero sobre todo respectuoso coa vida cotiá dos veciños”.
Beatriz Vázquez explica que nin PSOE nin BNG teñen un plan de turismo para Lugo polo que urxe un cambio. “Levamos anos denunciando que o Concello de Lugo non ten ningún plan de turismo para o municipio, unha ausencia total de xestión e xerando conflitos entre os profesionais”, lamenta.
Dende o Grupo Municipal Popular “consideramos que nunha cidade como Lugo o turismo é un sector que debería coidarse con mimo xa que é un dos principais sustentos da nosa economía” polo que afirman que “desde o concello deberían de ter unha folla de ruta xa que non chega con presumir do numero de turistas porque moitos destes turistas chegan desde outras cidades ou percorrendo o Camiño de Santiago. Hai que xestionar o turismo que nos chega e difundir correctamente a imaxe de Lugo”.
Para mellorar a xestión turística que se realiza desde o Concello de Lugo, Beatriz Vázquez propón a elaboración dun plan de reorganización do novo turismo que se quere para Lugo, pensando, en primeiro lugar, como chegar aos obxectivos establecidos (pode botarse man dos expertos que hai preto, como poden ser os profesionais do Grao Xestión Cultural), desenvolver reunións cos empresarios do sector para buscar nexos de colaboración para mellorar a calidade dos servizos, e actualizar e ampliar a información que se ofrece aos turistas, así como poñer en funcionamento todos os servizos que se ofrecen nas salas da rede museística municipal.
Beatriz Vázquez insta a “mellorar a calidade do servizo aos turistas mellorando a atención, poñendo en servizo todos os materias que hai nos museos. Non podemos conformarmos co volume de turistas, é preciso repensar o turismo para mellorar a atención e os servizos que desde o Concello dáse aos turistas”.