Servizos xerais

El PP pide al gobierno local una alternativa digital a la tarjeta ciudadana ya que no se expiden desde hace semanas

By 18 enero, 2022No Comments

La concejala del Grupo Municipal del PP Sagrario Sánchez hace esta propuesta ante el atasco que se está produciendo en la entrega de las tarjetas ciudadanas a los lucenses puesto que la falta de previsión del gobierno local lo llevó a no tener suministro

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pide ao goberno local que traballe na creación dunha tarxeta cidadá dixital, ante o grave problema que hai nas dependencias municipais para expedir novas tarxetas.

A realidade é que dende mediados de decembro ningún cidadán pode ter unha nova tarxeta, xa que nin se emiten novas tarxetas, nin se substitúen as que se rouban ou extravían nin tampouco se poden cambiar as que funcionan incorrectamente. “A realidade é que o único que se pode facer é renovar as tarxetas bonificadas xa existentes e que os cidadáns entreguen a documentación coa que solicitan a tarxeta para cando haxa existencias”, sinalou.

Con esta situación, a realidade é que os usuarios con dereito a bonificación no transporte urbano (menores de 25 anos, universitarios, pensionistas, persoas desempregadas e con discapacidade) non poden facer uso do seu dereito á bonificación e teñen que pagar o billete de 0,64€.

Unha situación dada pola falta de previsión do goberno local que, ante a situación mundial de falta de subministros, non tivo a suficiente anticipación para adquirir suficientes tarxetas para non chegar a esta situación.

A realidade é que non se sabe cando chegarán os subministros, polo que hai que buscar solucións alternativas para facilitar a vida cotiá aos lucenses, de aí a petición realizada para que se habilite a tarxeta cidadá en formato dixital para poder levala no teléfono móbil e así, por exemplo, poder subir ao transporte urbano a un prezo máis axustado.

Ante esta situación, a concelleira popular anuncia que se vai a pedir acceso ao contrato de subministro das tarxetas, o número de cidadáns que presentaron a documentación e están agardando pola tarxeta e se haberá algunha alternativa para que os cidadáns afectados recuperen os cartos que están a pagar de máis por non poder ter unha tarxeta bonificada.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies