Urbanismo

El PP pide al secretario municipal un informe sobre la legalidad de las nuevas funciones de urbanismo que la alcaldesa asignó al interventor

By 24 abril, 2021No Comments

Los populares se preguntan “cómo puede fiscalizar un técnico los expedientes que él mismo dirige y coordina, parece un contrasentido y a la ciudadanía le chirría”

O PP pedirá ao secretario municipal un informe sobre as novas funcións que a alcaldesa de Lugo asignou ao interventor en materia de urbanismo. Os populares reclaman un pronunciamento técnico que clarifique “se existen incompatibilidades coas novas atribucións que asumiu o interventor con respecto ás que ten como funcionario habilitado nacionalo”. Estas funcións, froito da crise no departamento de urbanismo, figura na orde do día da Comisión especial de contas e permanente ordinaria da alcaldía, gobernanza, economía e recursos humanos que se vai celebrar este luns, e que posteriormente elevarán ao pleno do xoves 29 de abril.

Para o PP “as funcións de coordinación son incompatibles coas de fiscalización, entendendo que o interventor, como coordinador de expedientes de alcaldía e urbanismo, non pode fiscalizarse a si mismo” insistindo en que “o interventor non pode intervir na produción administrativa xa que o seu traballo, precisamente, é o de control e fiscalización de expedientes”.

O PP asegura que é preciso un informe do secretario xa que hai dudas  da legalidade desta asignación de funcións ao interventor lembrando que “segundo o disposto no artigo 6.3 do real Decreto 128/2018 do 16 de marzo, polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional, se indica que só poderán asignarse funcións complementarias se son compatibles e se figuran na RPT atribuídas ao posto”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies