El PP llevará esta proposición por vía de urgencia al pleno del próximo jueves, con la pretensión de que ante este órgano comparezcan la alcaldesa, como máxima responsable en este procedimiento y a la cual le llegaban los requerimientos de la empresa afectada y la CHMS, y el ex concejal Daniel Piñeiro que dejó caducar la concesión
Tralo anuncio de que o Concello de Lugo pagará xa a indemnización de 2,4M€ á concesionaria da fábrica da luz o Partido Popular anunciou que pedirá a creación dunha Comisión de Investigación na que terán que comparecer os actores implicados na concesión fallida da fábrica da luz.
Os populares rexistrarán unha proposición de urxencia para que se vote a creación deste órgano. Nos puntos de acordo especifican que debe ser inmediato o cumprimento do acordo de pleno acadado por unanimidade, en xuño de 2020, para que se inicien os trámites para esixir de oficio en vía administrativa a responsabilidade das autoridades públicas que motivaron que a empresa concesionaria da Fábrica da Luz reclame unha indemnización de 2,4M€. Tamén se solicita que se informe de forma mensual dos trámites que se vaian realizando e que se aparte á alcaldesa e a políticos e a funcionarios que participaron nesta concesión, que só debería testificar cando se lles requira.
O vicevocerio popular Antonio Ameijide manifestou que “por desgraza chegou o momento que certifica o que o PP xa anunciou hai anos: os lucenses vénse abocados a pagar unha indemnización millonaria pola neglixencia e as tropelías do PSOE na xestión da fábrica da luz”. “Nós xa advertimos que recurrir era un caso perdido pero os socialistas fixeron oídos xordos e dilataron a situación, pagando máis de 8.000 € mensuais de intereses de demora” , lembrou o popular.
Antonio Ameijide manifestou que “é de xustiza e por respeto aos luceses debemos iniciar xa o procedemento para que sexan os políticos responsables desta situación os que paguen a indemnización”. O vicevoceiro popular apunta directamente “ao concelleiro que deixou caducar a concesión e á alcaldesa que o nomeou” destacando que “ata o seu despacho chegaban as comunicacións e os requerimentos que lle facía periódicamente, tanto a empresa afectada, como a Confederación Hidrográfica do Norte e que provocó a concesión.
Os populares aseguran que “o PSOE reventou, dende dentro, o contrato que provocou a indemnización á concesionaria e, dende fóra, o BNG foi corresponsable cando membros e asesores nacionalistas alentaron movementos que acabaron nunha tormenta perfecta”.
Ameijide manifestou que ademáis de pedir copia do informe da asesoría xurídica queren acceder ao edificio, unha petición que de forma reiterada lles veñen denegando.
O vicevoceiro popular tamén lembrou como levan anos solicitando que se fixese un estudo das alternativas para recuperar este edificio “para o uso e disfrute dos lucenses. “En 20 anos en vez de buscar alternativas para reutilizar este edificio o deixaron abandonar e desvalixar” manifestando que a proposta de deixar en mans dos cidadáns o seu futuro é unha garantía de que seguirá anos abandonados”.