PersonalSin categoría

El PP pide fortalecer el servicio de aguas para frenar su progresivo desmatelamiento

By 24 octubre, 2016No Comments

El viceportavoz  popular Antonio Ameijide afirma que “la reciente externalización del mantenimiento de las fuentes públicas confirma el furor privatizador de los socialistas.

O vicevoceiro do Grupo Popular afirma que os socialistas de Lugo seguen “na súa teima de privatizar servicios municipais que se poderían xestionar dende o propio concello”. Antonio Ameijide desvelou que unha das últimas prestacións que se externalizou en Lugo foi a da limpeza, conservación e mantemento das 8 fontes ornamentais que hai no casco urbano”. Os populares entenden que a brigada de obras, que na actualidade está formada por 8 operarios e 2 traballadores eventuais, que rematan este mes o seu contrato, realizaba de forma eficiente este traballo.

Os populares lamentan que os socialistas aposten por  “duplicar gastos en vez de reforzar o servizo” lembrando que poderían ampliar o cadro de persoal incorporando aos 4 operarios que quedaron sen funcións na vella potabilizadora cando entrou a funcionar a nova planta”. O popular reflexionou que non se entende que os socialistas estén despilfarrando máis de 100.000 € nun persoal que está sen funcións”.

O contrato para o mantemento das fontes asinouse en xullo por un importe de 35.323 € anuais e ten un prazo de vixencia dun ano, prorrogable para outro ano máis.  Ata o de agora era a brigada de augas a que se encargaba desta tarefa realizando o mantemento integral das fontes da Medusa (Garabolos); Cibernética (Fonte dos Ranchos); a Fonte dos Leóns (Praza de Avilés); a de Augas Férreas; a fonte das Rás (Xardíns García Morato); Praza do Campo e a da Pinguela na rinconada do Miño.

Os populares defenden “a capacidade e a profesionalidade” desta brigada municipal e, de feito, sempre apostaron por mellorar as súas condicións de traballo. Na actualidade o servizo conta con 10 operarios (dous deles acaban o contrato este mes) que atenden as 24 horas o servizo de augas da cidade así como o mantemento de todas as dependencias municipais”.

Ameijide lamenta que os socialistas se empeñen en desmantelar paulatinamente o servizo de augas que consideran se podería xestionar con recursos propios. Nesa liña Ameijide lembrou como “grazas ao Partido Popular se comprou a cabina especial para manipular as tuberías de fibrocemento evitando, así ,ter que recorrer a empresas externas cada vez que se producía unha fuga nunha canalización, o que multiplicaba os costes de reparación e retrasaba a solución das avarías”.

O popular lembrou que hai pouco máis dun ano, o 13 de setembro de 2015, o goberno local eliminaba a brigada de saneamento encargada da limpeza dos sumidoiros”. Ameijide explicou que coa xubilación do último encargado se daba carpetazo a este equipo”.

Nos últimos anos o ciclo da auga está a supor un desembolso  moi elevado xa que estamos pagando a Gestauga pola xestión da estación de tratamento e de auga potable entorno a 4.5 €. A privatización do primeiro servizo foi en 2009, e no segundo, dende 1999. Ameijide recriminou que a día de hoxe se descoñece cal é o modelo de xestión polo que van a optar os socialistas lucenses .

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies