El viceportavoz popular, Antonio Ameijide, instará en el próximo pleno al Ayuntamiento de Lugo a dirigirse a la Diputación Provincial para que dote de alumbrado público a la vía LU-P-2902, “muy empleada por los lucenses para hacer deporte o para pasear”
O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular, Antonio Ameijide, anuncia que no pleno do vindeiro 24 de novembro promoverá un acordo para que o Concello de Lugo inste á Deputación Provincial, como titular da vía, á iluminación da marxe dereita en dirección á cidade da estrada LU-P-2902.
Tal como explica o popular, “estamos a falar dun dos espazos que, con máis frecuencia, empregan corredores, ciclistas e veciños en xeral que acoden pasear por este treito da coñecida como ruta do ecolóxico”, lugueses que ven que “a partir das 6 da tarde en inverno vólvese todo un risco transitar por ela” debido tanto á “total ausencia de alumeado público” como á falta de segregación da estrada en numerosos puntos. A este respecto, indica Ameijide, “aínda que hai algún tramo no que si existen bolardos brancos que separan a área de vehículos e a de peóns, cómpre completar esa delimitación, de xeito que se evite que, como ocorre na actualidade, teñan que compartir espazo a escuras, o que entraña un perigo evidente”.
O vicevoceiro popular afonda en que “se trata dunha vella demanda que diversos colectivos nos teñen trasladado ao Grupo Municipal do Partido Popular”, co gallo de “facer realidade por fin unha acción que leva moitos anos pendente”. Nese senso, Ameijide sinala que “parece mentira que teñamos que seguir agardando por unha intervención que afecta a unha única marxe dun percorrido de pouco máis de dous quilómetros”, ao tempo que incide en que “resulta estraño o conformismo e a pasividade que exhibe esta alcaldesa coas administracións gobernadas polo seu partido político, ás que non lles reclama nin a máis mínima cuestión, sobre todo se o contrapoñemos coa belixerancia que amosa continuamente co goberno central ou coa Xunta de Galicia”.
Iluminación Paseo do Miño.-
Por outra banda, Antonio Ameijide tamén reivindica que “á maior brevidade posible, se complete a iluminación no treito do Paseo do Miño, entre o balneario e o restaurante situado nas inmediacións da coñecida como ponte branca, un tramo que leva tamén anos carecendo dela”, malia ao “evidente” incremento do número de persoas que o percorren.
Deste xeito, o vicevoceiro popular ironiza con que “agardamos que non teñamos que esperar por esta intervención tanto tempo como para o alumeado do Paseo do Rato, que varios anos despois de ser comprometido polo goberno do que a alcaldesa era vicepresidenta segue a ser un espellismo”.