Cultura

El PP pide informes técnicos sobre la legalidad de la adjudicación del programa de San Froilán

By 27 septiembre, 2016No Comments

 Castiñeira solicita que se pronuncien las áreas de Intervención, Contratación, Secretaría y Asesoría Jurídica, “a la vista de la inexistencia de documentos que avalen la legalidad de la explotación publicitaria en exclusiva del San Froilán por una empresa”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, anunciou esta mañá en rolda de prensa que solicitará informes técnicos sobre a legalidade da adxudicación do programa e a revista de San Froilán a unha empresa leonesa, que explota e recada en exclusiva a publicidade dos mesmos, sen ningún concurso público e cunha adxudicación “a dedo”, acreditada “polo menos” nos últimos 13 anos.

Nesa liña, Castiñeira expuxo que “dos papeis que por fin nos deixaron ver onte (ao día seguinte das eleccións) e despois de levar agardando dende o 9 de setembro, o único que hai é un documento no que os sucesivos concelleiros autorizan estes traballos, sen ningún procedemento técnico previo, a unha determinada firma privada”. “O que máis chama a atención é que estes acordos non están respaldados por ningún informe técnico”, subliñou Castiñeira, quen se preguntou “cales foron as razóns concretas polas que se elixiu a esta firma privada de Ponferrada en lugar de a calquera outra das múltiples do noso municipio de Lugo, e que se poderían ter ocupado perfectamente desta xestión”. Nese senso, Castiñeira censurou que se está a facer é “limitar a participación doutras empresas, infrixindo a lei, baixo o noso punto de vista”, ao tempo que se preguntou “que criterios se adoptaron para as tarifas, que deberían ser establecidas polo Concello de Lugo como taxas públicas que son”.

Diante desta situación, os populares reclamarán que o servizo de Intervención municipal, de Secretaría, de Contratación e a Asesoría Xurídica elaboren informes a respecto da legalidade deste procedemento, “tendo en conta que estamos a falar dunha decisión unilateral dos sucesivos gobernos socialistas que ten repercusións para as arcas económicas do Concello, á marxe das evidentes implicacións éticas”.

Nesa liña, Castiñeira expuxo que os 79 anunciantes do programa de 2016 abonaron uns 25.000 euros, “que foron exclusivamente para esta empresa”, ao tempo que calculou que “tomando como referencia este ano, que inclúe moita menos publicidade que algúns de anos anteriores, o volume de negocio ascende moi facilmente a preto de 400.000 euros”. “Xa sabíamos que as trapalladas e os conchabeos dos gobernos socialistas nos saen caras e isto non é máis que outra proba”, destacou.

Por último, o voceiro popular corresponsabilizou desta “desfeita” e “adxudicación a dedo” non só ás concelleiras socialistas Concepción Burgo e á actual, Carmen Basadre, e ao nacionalista Antón Bao, senón tamén “e fundamentalmente” a López Orozco e Lara Méndez, os dous alcaldes que preservaron e consolidaron esta práctica. “Son eles quen, coa súa foto e co seu saúdo, abren o programa e, polo tanto, non poden alegar descoñecemento”, concluíu. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies