El vicevoceiro popular Antonio Ameijide lamenta “la insolidaridad y falta de empatía” de socialistas y nacionalistas de Lugo con los hosteleros, autónomos y Pymes ya que “en vez de suavizar el impacto de la pandemia les pasan los recibos de la basura y agua, sin aplicarles ninguna bonificación, ni dándoles opción de aplazar su pago”
O Partido Popular quere que o goberno local de PSOE e BNG exima a hostaleiros, así como a autónomos ou Pemes que pecharon os seus negocios por mor do Estado de Alarma , de pagar o recibo de auga e lixo do segundo trimestre deste ano. O vicevoceiro popular facía esta proposta logo de coñecerse que o goberno local de Lugo pasaba o cobro da factura do primeiro trimestre sen dar opción a aprazar esta operación o que causou gran indignación nos diferentes sectores afectados.
Para os populares “este cobro sorpresa” é unha proba da insolidaridade do goberno local cun sector, como é o da hostalaría lucense, ou do comercio de proximidade, moi afectado pola crise do coronavirus “en vez de dárlles un respiro, e aprazar o abono desta taxa, cébanse con eles no peor momento”. “É unha falta de sensibilidade con moitos lucenses que teñen que estar dous meses coa persiana pechada dos seus negocios”. Ameijide poñía como exemplo o caso de bares e restaurantes aclarando que a media dos recibos que pasaron ao cobro estaba en torno aos 400€, “ainda que hai establecementos que, polas súas dimensións, chegan aos 100 €”.
Outra aportación dos populares, e que anunciaron elevarán ao pleno, co obxectivo de reactivar o sector hostaleiro de Lugo é a suspensión ata o verán de 2021 da taxa de terrazas e cadeiras”. Para os populares “esta medida é perfectamente asumible porque, suporía deixar de ingresar entre 35.000 € a 40.000 €”. O vicevoceiro popular fixo esta estimación tomando como base a liquidación de 2018 (a última da que se facilitou ao Grupo Popular) segundo o concello de Lugo recadou por esa taxa de terrazas e cadeiras 20.912,78 €.
Os populares aseguran que ademáis de liberar desta taxa a bares e restaurantes solicitan que, tendo en conta as restriccións de aforo e as medidas de distanciamento social, moitos negocios verán reducidos os seus ingresos. Por este motivo dende o PP suxiren que se lles dea un respiro e que “de forma temporal” poidan ampliar o espazo de ocupación, sempre e cando as circunstancias o permitan.
Esta última proposta beneficiará a “todos os bares e restaurantes” tendo como obxecto “incentivar o seu traballo” e contribuir ao mantenimento e creación de “postos de traballo” e “axudar a sair desta situación” xerada pola COVID-19. Os populares conclúen con que “este é o momento de apoiar e empatizar cos problemas dun dos sectores vitais da economía lucense”.