O Partido Popular critica a deixadez de funcións e a falta de planificación do BNG, a quen só lle preocupa traballar para facer oposición á Xunta en vez e traballar en cuestións que son da súa responsabilidade.
Esta actitude tivo e está a ter consecuencias directas para conciliar a moitas familias de Lugo: primeiro foi a incerteza co comedor escolar, onde a dúas semanas do comezo curso preto de 800 familias non sabían se poderían contar con este servizo; logo os retrasos na entrega dos vales aos escolares; e recentemente o conflicto laboral que afecta á gardería Gregorio Sánz.
Neste contexto o Partido Popular fixo público un informe no que se revelan serios problemas de mantemento detectados durante as visitas realizadas nas últimas semanas aos colexios públicos de Lugo poñen de manifesto unha grave falta de xestión e planificación.
O concelleiro do PP Javier Vázquez explicou que todas as propostas recollidas se presenten no Consello Escolar Municipal que se celebra esta semana para axilizar as solucións e poñerse a traballar en firme para solucionar o máis axiña posible deficiencias crónicas como humidades, pingueiras, ou mal estado das instalacións senón tamén da inacción do goberno local en atallar estes problemas. Adxúntase imaxes de deficiencias na pintura de aulas, luces afundidas, baldosas levantadas, pingueiras, deficiente limpeza de canlóns e arquetas; humidades …
Outra cuestión chamativa é a da falta de conserxes en tres centros educativos: CEIP As Mercedes, CEIP Casás e CEIP Illa Verde o que inflúe en cuestións básicas de mantamento dos colexios. “Esta situación, que nalgúns casos arrastran dende hai meses, é inaceptable e provoca inconvintes aos equipos directivos.Javier Vázquez, sinalou que a “deficiente cobertura de baixas e xubilacións, son froito unha alarmante falta de previsión por parte do goberno local”.
Así quedou de manifesto no informe que presentou aos medios de comunicación no que se detallan as necesidades dos colexios “moitas delas son peticións recorrentes ano tras ano” matizaba Javier Vázquez. Nese caso está a demandada beirarrúa da rúa Virxe da Soidade que da acceso ao Colexio das Gándaras. Vazquez puntualizaba que “é inaceptable que teñan gardado no caixón o proxecto para facer esta beirarrúa que permitiría acceder de forma segura a este centro educativo
Deficiente comunicación
Outro dos problemas co que se atopan os directores dos centros ten que ver coadeficiente comunicación xa que “lles resulta complicado contactar cos responsables de educación e ao non recibir resposta moitos dos problemas de mantemento que teñen acaban cronificándose”.
Oportunidade perdida para mellorar a situación
Finalmente, Javier Vázquez lamentou o voto en contra por parte do BNG e PSOE áproposición presentada no mes de setembro na que se instaba ao goberno na elaboración dunha memoria de mantemento de inicio de curso, para analizar as necesidades de cada centro e establecer unha estratexia de actuación.