Obras

El PP pide el acondicionamiento “urgente” de la calle Agro do Granxeiro

By 10 agosto, 2015febrero 2nd, 2016No Comments

El edil popular Antonio Ameijide explica que “la calle Agro do Granxeiro, entre As Gándaras y el Sagrado Corazón, presenta un estado total de abandono” y critica que “pese a dar acceso a varias vivendas, es prácticamente intransitable para los vehículos”

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular Antonio Ameijide solicita ao goberno local o acondicionamento “urxente” da rúa Agro do Granxeiro, situada entre As Gándaras e o Sagrado Corazón, que comunica as rúas Padrairo e Venancio Senra.

Antonio Ameijide explica que “esta rúa, malia a servir de acceso a varias vivendas, presenta un estado totalmente lamentable, que fai que sexa practicamente intransitable para os vehículos”, ao tempo que “a imaxe que dá de total abandono non é digna dunha cidade como Lugo, xa non só polo estado da corredoira que é, senón tamén pola abundante presenza de maleza a ambos lados do mesmo e incluso no centro dela”.

O edil popular encargado da área de Infraestruturas, que apunta que a responsabilidade da intervención é do Concello ao tratarse dunha rúa que figura no PXOM clasificada como solo urbano, considera que “é inaprazable que o goberno municipal lles dea unha resposta aos veciños, posto que algún deles leva uns 20 anos agardando unha solución”.

Dotación de servizos.-

Así mesmo, Antonio Ameijide sinala que “non se trata só do acondicionamento mínimo senón tamén de dotala dos servizos mínimos xa que carece de moitos deles”. Nesa liña, o concelleiro popular reclama para esta rúa a dotación de sumidoiros, cunha calzada axeitada tanto para o tráfico dos vehículos como beirarrúas, estudando incluso a posibilidade de mellorar e aumentar os puntos de alumeado que existen actualmente en Agro do Granxeiro.

Por último, o edil apela a un “trato igualitario” dos veciños dos distintos barrios da cidade, “xa que todos eles pagan os mesmos impostos que os do centro” e, polo tanto, “deberan ter unhas condicións de vida cando menos similares ás doutras zonas de Lugo”. “Agás que o obxectivo do novo goberno municipal de Lara Méndez continúe a ser o mesmo que tiña López Orozco de fomentar a desigualdade entre barrios, con numerosas zonas sempre á marxe de investimentos municipais, como é o caso das Gándaras, A Piringalla ou A Ponte, por citar só algunhas”, conclúe Ameijide.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies