Los populares recogen las quejas de los vecinos, hartos de que el Ayuntamiento de Lugo no responda a sus reclamaciones para arreglar este lavadero
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular piden ao goberno local que se tome en serio as peticións dos veciños do rural e que, neste caso, atendan as peticións dos veciños de Crecente, que levan tempo demandando o arranxo do lavadoiro da parroquia.
Os populares explican que estes elementos deberían de estar en bo estado de conservación en todas as parroquias xa que no pasado foron puntos de encontro para os veciños, polo que gardan unha parte moi importante do rural de Lugo. “Como se pode ver nas fotografías que realizamos en Crecente, o abandono do PSOE e do BNG co rural de Lugo é máis que evidente, polo que esiximos que se amañen todos os lavadoiros das parroquias”, afirman.