Los populares se hacen eco de las quejas de los vecinos que lamentan que ni PSOE ni BNG atendieron sus reclamaciones para reparar esta infraestructura pese la que llevan más de 4 años pidiendo su reparación
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular logo dunha visita a Rubiás fanse eco dunha reclamación dos veciños da parroquia que alertaron da caída dunha ponte “feito que coñecen no goberno local pero que semella non importarlles para nada” xa que nada fixeron por solucionar o problema.
Os populares esixen o arranxo inmediato desta ponte xa que se trata dun camiño que era moi empregado polos veciños para chegar a zonas da parroquia e mesmo achegarse a partes da parroquia de Pedreda e agora teñen que empregar outras rutas que supoñen máis tempo e distancia.
A preocupación do bigoberno de Lugo coas parroquias e veciños do rural “deixa moito que desexar” e vese reflectido neste tipo de actuacións que “son de urxencia” pero que para PSOE e BNG “non significan nada”.
Os populares estiveron neste puntos con varios dos veciños afectados e comprobaron como hai claros indicios de que esta pontella caeu hai tempo o que evidencia “que o goberno local de Lugo ten abandonados aos veciños do rural e está a calquera cousa que non sexa atender as súas demandas”.
Para os concelleiros populares é unha mágoa que o goberno local deixase pasar o verán, momento ideal para arranxar esta infraestrutura xa que agora coa chegada das choivas serán máis complicados os traballos de reparación.