El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López denuncia que no se trata de la primera vez que los vecinos piden el arreglo de esta pista, una vía de vital importancia para la zona ya que, en caso de que vuelva a haber problemas en el puente del río Mera, es el acceso más sencillo a Orbazai
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe ao bigoberno local o asfaltado da pista que une a Louzaneta con Orbazai, unha pista empregada moito polos veciños desta zona.
Manuel López explica que o estado que amosa a pista “é nefasto” debido ao inexistente mantemento que se realizou nela, polo que precisa que se repare de inmediato e se limpen as cunetas, xa que a maleza invade a pista. “O estado desta vía é tan perigoso que os turismos teñen moitas dificultades para circular, polo que practicamente os únicos veciños que pasan por aquí o fan en vehículos 4×4”, explicou.
O concelleiro popular destaca a importancia desta pista, xa que é un dos dous únicos accesos a Orbazai. De feito, é a única entrada que teñen os veciños a Orbazai en caso de que volvan a aparecer os problemas de anos pasados na ponte do río Mera.
Neste senso, Manuel López insta ao bigoberno a amosar con feitos esa preocupación polo rural da que adoitan facer gala pero que non se ve reflectida con accións concretas. Por iso, esixe o arranxo inmediato desta pista que mide menos dun quilómetro.