La concejal del Grupo Municipal del PP Sagrario Sánchez recuerda que hay dos plazas de oficial sepulturero sin cubrir, dos vacantes que de cubrirse ayudarían a mejorar las condiciones laborales de estos trabajadores y, incluso, ampliar servicios, como la apertura del camposanto los domingos a la tarde
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pide ao goberno local que reforce o plantel de persoal do cemiterio, xa que na actualidade o persoal non é suficiente para garantir os descansos do persoal cando algún dos traballadores está de vacacións, o que provoca que se dean situacións nas que o persoal non pode descansar nas fin de semana.
Sagrario Sánchez explica que segundo a última RPT municipal no plantel do cemiterio hai dúas prazas de oficial sepultureiro sen cubrir, dous traballadores esenciais para mellorar as condicións laborais destes traballadores e, se é posibles, ampliar servizos como o da apertura do camposanto os domingos á tarde xa que Lugo, xa que un camposanto como o de Lugo, do que o goberno local debería presumir e promocionar non abre os domingos á tarde. Deste xeito está a limitarse o necroturismo, unha modalidade en alza, e na que Lugo podería entrar de cheo “xa que temos un dos camposantos máis fermosos” do país.
A concelleira popular recorda que o cemiterio é “un servizo esencial” e aínda que na actual RPT figuran 7 operarios tan só hai 5 persoas traballando. Neste senso, Sagrario Sánchez destaca o enorme esforzo do persoal do cemiterio xa que pese a estar en moitas ocasións ao límite, sempre manteñen en magníficas condicións o camposanto.