Zona Rural

El PP pide que se acelere el desbroce en la zona rural para mejorar la accesibilidad y evitar riesgo de incendios

By 18 julio, 2022No Comments

El concejal popular Óscar Poy explica que “en el propio Plan de Desbroce, que arrancó el pasado 13 de junio, figura que en el mes que se lleva trabajando se actuó en menos de la mitad de las 54 parroquias del municipio”

O Partido Popular solicita ao bigoberno que acelere a roza e a limpeza das cunetas da zona rural. “Estamos nun momento de alto risco e a maleza que hai en numerosas pistas dos 330 km2 das 54 parroquias que temos non é un tema menor” reflexionaba o concelleiro popular Óscar Poy.

“É preciso cambiar a forma de traballo” razoaba o edil do PP xa que “neste momento, e tal e como se recoñece no Plan de Roza do bipartito, dan prioridade ás actuacións dependendo de se hai festas parroquias, comidas veciñais e outro tipo de eventos”. Para Óscar Poy “é preciso cambiar a forma de traballar” indicando que “hai que deixar de lado os desbroces selectivos a golpe de verbena e tratar á veciñanza da zona rural dunha forma máis seria, é dicir, limpar dependendo do estado no que atope a maleza”.

“Segundo o documento facilitado polo propio concello os desbroces na zona rural comezaron hai un mes (o pasado 13 de xuño) polo que de non incrementar o ritmo de traballo non rematarán ata que acabe o verán.

O concelleiro popular, que fixo unha revisión de varias parroquias do concello, subliñou que “a día de hoxe hai moito máis da metade dos núcleos sen desbrozar o que  supón un perigo para seguridade vial, xa que a maleza invade as vías e os vehículos non se poden arrimar á beira, polo que o risco de accidentes é maior”. Tamén se incrementa o perigo de incendios coa seca e os episodios de calor extremo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies