Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular instan a realizar a la mayor brevedad la limpieza de las alcantarillas ya que muchos están tupidos, lo que evidencia una ausencia de una limpieza periódica, lo que provoca la acumulación de tierra, colillas, plásticos o envases en su interior
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo esixen ao goberno local que aproveiten que semella que por fin chegou o bo tempo para deseñar e poñer en marcha un plan de limpeza dos sumidoiros da cidade, despois dos problemas que aparecen sistematicamente cada inverno, xa que ao estar tupidos provocan pequenas anegacións ante a imposibilidade de evacuar a auga, como sucede en diferentes puntos da cidade como Fontiñas, Avenida da Coruña, Barrio Feijoo…
Os populares explican que durante o último inverno recibiron numerosas queixas veciñais acerca de sumidoiros atascados que non desaugaban correctamente a auga da chuvia, polo que se retomaron esas queixas agora para comprobar se o goberno local aproveitaba os meses do verán para limpar os sumidoiros e telos en boas condicións de novo para o inverno. “Lamentablemente vemos como non fan nada por solucionar este tipo de situacións que, aínda que semellen nimiedades, provocan malestar entre a veciñanza”, apuntan.
Recordan os concelleiros populares que durante o primeiro mandato de Lara Méndez se aprobou en pleno, a iniciativa do PP, un plan de mantemento e de reforzo da limpeza dos sumidoiros de Lugo, pero á vista dos feitos “nada se fixo” para evitar molestias aos cidadáns cando chove.
Para os populares urxe aproveitar a tregua meteorolóxica para desatascar estes elementos de drenaxe e así evitar futuras inundacións. Durante o chequeo comprobouse como hai sumidoiros tupidos en diferentes rúas da cidade, o que evidencia que non se realiza unha limpeza periódica, o que provoca a acumulación de terra, cabichas, plásticos ou envases no seu interior.
Este plan de limpeza dos sumidoiros debería incluír, tamén, o estudo dos elementos de drenaxe suxerindo que se analice a posibilidade de modificar o tamaño, forma, ou número de unidades xa que hai zonas nas que segundo a pendente que teñan os elementos existentes poden ser pequenos ou insuficientes.
Nesta revisión detectouse tamén que unha parte dos rexistros están tupidos, tal e como o demostran as imaxes dos situados en zonas que se inundan con frecuencia cando hai trombas de auga, como pode ser a rúa San Lorenzo, ou determinados puntos de Ramón Ferreiro, onde as follas tupen os sumidoiros, polo que o goberno local debería de plantexarse a elaboración deste plan de mantemento e limpeza para evitar problemas.