Festas

O PP pide que se cumpra a lei e que se planifiquen e anticipen as contratacións da área de cultura

By 3 noviembre, 2023No Comments
  • Os populares lamentaron que o BNG leve o San Froilán ao seu terreo para beneficiar aos seus amigos con contratos teledirixidos

 

VENRES 2 DE NOVEMBRO DE 2023

 

  • O edil do PP Javier Vázquez lembrou como un dos motivos polos que o Grupo Popular abandonou a comisión de festas foi precisamente pola falta de transparencia logo de detectar “que a maquetación, edición e impresión de programas das festas, cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo, e que se pagou con reparo de legalidade”

 

CONTRATACIÓNS AOS MESMOS DE SEMPRE

 

  • A contratación por lotes da organización, produción e subministración do equipamento básico para a realización das actucións musicais e artísiticas de diversa índole nos espazos escénicos que se especifica nos lotes así como a dotacion de carpas centrou a denuncia dos populares.

 

  • A popular Mar Carballas explica que tal e como se fan as contratacións é moi complicado que se presente os máximos licitadores

 

  1. Publicación dos pregos a un mes da celebración das festas. (Improvisación e dificultade para que se presenten licitadores)
  2. Prezos fóra do mercado (tres dos lotes repiten o importe de licitación do ano 2022, ano no que xa quedara deserto o Lote 1 e tiveron que aumentar o prezo)
  3. Incumprimento dalgunhas das condicions establecidas nos pregos por parte das empresas (na montaxe da Praza de Santa María non se instalou a carpa; faltaba a lona corporativa na parte superior central do escenarioe  non se cubriu a plataforma de control de son o que para a empresa supón un abaratamento de custes)

 

  • A popular tamén enumerou algúns dos contratos directos negociados sen publicidade detectados nos expedientes como foron os concertos A Moda, Cidade Jara e Baiuca por importe total de serían 75.963,50 € que, curiosamente e por informacións de empresas do sector, se deron á mesma empresa que leva a contratación de dous dos escenarios máis grandes das patronais.

 

 

BNG ASINA, ALCALDESA AUTORIZA

 

  • Ante esta xestión inaceptable a alcaldesa en vez de quitarlle responsabilidades á persoa que asina os contratos da área de cultura decide dárlle un cheque en branco, tal e como figura na xunta de goberno local celebrada o día 18 de outubro, onde Lara Méndez delega no BNG as competencias para a aprobación dos actos de tramitación do expediente de submnistración de carrozas para a cabalgata dos Reis Magos e demáis expediente relativos ás celebracións de Nadal.

 

  • Literalidade da xustificación desta cuestión“Á vista das dificultades acontecidas nalgúns dos últimos procedementos de contratación, pola ausencia de concurrencia ás licitacións, que puider averse nesta ocasión afectada tamén polo contexto de incerteza económica debido ao aumento xeralizado dos prezos , estímase necesario solicitar a delegación das competencias para a adopción de tódolos actos administrativos na Ilma Tenenta de Alcaldesa Delegada da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua pola necesidade de axilizar todo o posible estas tramitacións e dispoñer de marxe suficiente para a adxudicación e formalización do contrato ante calquera incidencia que pudiera xurdir

 

 

PRÁCTICA HABITUAL EN VEZ DE EXCEPCIONAL

 

  • Mar Carballas afirma que a axencia de colocación de afíns que teñen montada os nacionalistas abrangue toda a área de cultura onde o uso de contratos menores é algo habitual en vez de ser unha práctica excepcional salientando que nos primeiros 9 meses deste ano o servizo de cultura formalizou 289 contratos por un importe de 866.744,36

 

  • Toda esta investigación está impulsada polas queixas do sector cultural que debido a forma de contratar que utiliza o BNG da área de Cultura de Lugo “élles imposible participar nas diferentes adxudicacións”. Esta denuncia non é algo novo xa que dende o Grupo Popular se denunciou en diferentes ocasións este tipo de prácticas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies