Sen categoría

El PP pide que se elimine la plusvalía un imposto que considera “injusto y gravoso para os lucenses”

By 1 octubre, 2023octubre 3rd, 2023No Comments

Os populares afirman que o seu grupo “traballará ao longo deste mandato para conseguir a exención plusvalía tal e como defendimos no programa electoral”

  • Outra proposta que presentaron os populares foi a de“baixar o coeficiente do IBI urbano e pasalo do 0,67 ao 0,60 para deste xeito, alixerar a carga fiscal dos lucenses para o ano 2023
  • A voceira popular resumía que “estamos falando dunhas rebaixas que son necesarias e están pensadas na economía dos lucenses” engadindo que “estamos nun momento no que é preciso minorizar o gasto do diñeiro público e reducir a carga fiscal”

REIVINDICACIÓNS CUMPRIDAS

  • Os populares dan a benvida,  ainda que sexa con anos de retraso, a dúas modificacións das ordenanzas que hoxe se aprobaron e contaron co noso apoio
  • Trátase da ordenanza do saneamento onde  “cambiaron, tal e como pediu o Partido Popular en reiteradas ocasións, o  cálculo para que sexa menos gravoso para o cidadán en caso de que non se poidan facer as lecturas dos contadores.
  • Algo parecido sucede cos sistemas de aprovechamiento térmico ou de enerxía solar para autoconsumo xa que as condicións que esixían para conseguir a bonificación do IBI eran incumpribles

OUTRAS PROPOSTAS

  • O PP tamén defendeu no pleno varias propostas que repercutirían na economía doméstica, de autónomos e familias lucenses relacionadas coa simplificación e axilización de trámites administrativos como por exemplo:
  1. Plan de pago fácil para fraccionar en cuotas mensuais o abono dos diferentes impostos municipais.
  2. Modificar a obsoleta clasificación de categorías fiscais das vías públicas do municipio xa que difícilmente pode conseguirse unha fiscalidade xusta senon son capaces de cambiar este documento
  3. Incentivos máis ambiciosos para a rehabilitación
  4. Reformular a taxa da recollida do lixo para pasar a cobrar aos negocios por actividade e non por metros cadrados xa que os residuos que xera un supermercado non son os mesmos que unha asesoría, un ximnasio ou un despacho profesional.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies