TráficoUrbanismo

El PP pide que se estudie la posibilidad de había ampliado acera en dos puntos de la Ronda de la Muralla para mejorar la seguridad y garantizar la accesibilidad

By 24 octubre, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que se podría estudiar esta posibilidad ya que se trata de zonas muy transitadas por los peones, ya que es el camino para varios centros educativos, sin olvidar que la densidad de circulación también es elevada
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, propón ao goberno local a posibilidade de estudar a ampliación da beirarrúa en dous puntos da Ronda da Muralla, moi preto das obras que se están a executar agora á altura da rúa Santiago, para mellorar a seguridade dos peóns e taméngarantir a accesibilidade.

Rafael Pérez explica que se trata da zona da Ronda da Muralla, á altura da Porta Miñá, no cruzamento coa rúa do Carme, onde a beirarrúa é moi estreita, impedindo o paso de dúas persoas ao mesmo tempo ou onde unha cadeira de rodas ou un carriño de bebe, ten o paso moi xusto ou case non ten. “Trátase de garantir o paso para os lucenses e garantir a accesibilidade algo que, a día de hoxe, non se cumpre debido ao estreitamento que ten a beirarrúa”. apunta.

O concelleiro popular tamén fai referencia a outra zona situada a poucos metros, onde a zona destinada ao paso de peóns se estreita ata o punto que non poden pasar dúas persoas ao mesmo tempo. “Cómpre garantir a seguridade nestes puntos xa que se trata de zonas moi transitadas polos peóns, xa que é o camiño para varios centros educativos, ademais de contar cunha gran densidade de circulación”, sinala.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies