El portavoz el PP Jaime Castiñeira afirma que tal y como está el edificio, inacabado, supone un grave peligro para los que entran en el ya que “en el interior hay huecos de escaleras y zonas sin cerrar que suponen un gran riesgo”
O Grupo Municipal do Partido Popular solicita ao goberno local que tome as medidas oportunas para evitar que se acceda ao edificio do Garañón “onde con frecuencia se detecta a presenza de veciños”.
O voceiro popular Jaime Castiñeira explicou que “onte mesmo 3 persoas se paseaban por unha viga situada no último piso dunha das torres das Costas do parque” e salientaba e que “tal e como está o edificio supón un perigo gravísimo, xa que as medidas de seguridade son mínimas e no seu interior hai ocos de escalerias e zonas perigosísimas para a seguridade das persoas sen pechar, co agravante que o edificio se atopa no entorno de varios centros educativos onde estudan menores”.
O popular pregúntase “de ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello? xa que ainda que obra está precintada polo xulgado suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.
Castiñeira anunciou que pedirá explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade que desenvolve o Concello para impedir o acceso a estas torres.