El vicevoceiro popular Antonio Ameijide afirma que “los estudiantes de la zona que estudian en el Illa Verde y a los que les corresponde el Instituto San Xillao, para cursar sus estudios de la ESO o BAC, no tienen ni una sola línea de autobús que vaya desde Aceña de Olga a Fontiñas”.
O vicevoceiro do Partido Popular Antonio Ameijide solicita que a zona de Magoi e Acea de Olga non quede ao marxe do transporte público matizando que “o goberno local desatende as necesidades que teñen os veciños deste barrio”. O popular facía esta reflexión por dous motivos: o primeiro deles é porque non hai nin unha soa liña que comunique Acea de Olga con Fontiñas pese a que “aos alumnos que cursan estudos no Colexio Illa Verde lles corresponde matricularse no Instituto San Xillao”.
Precisamente, na Comisión de Suxestións un pai dun pequeno deste centro queixase de que o goberno local desoia a súa reclamación sobre esta situación aludindo a que “a distancia é bastante considerable para percorrela a pé” lamentando que “as liñas que hai van todas dirección Ronda da Muralla”. Por último este veciño afirma que cando o matricule no San Xillao, se non muda a situación “ou traballa ou se adica a ser taxista do seu fillo” preguntándose se”esta é a conciliación da que tanto se fala”.
A outra realidade que pon en evidencia que é preciso facer un cambio no mapa do transporte urbano de Lugo para que os veciños deste barrio teñan autobús urbano en fin de semana. Un grupo de veciños de Magoi presentou unha queixa na que demandan este servizo durante o sábado e o domingo xa que “o último autobús que pasa é o do mediodía do sábado e logo ata o luns ás sete non temos transporte urbano”.
O vicevoceiro popular agarda que o goberno local incorpore estas dúas peticións na esperada reestructuración do transporte público criticando que ainda non se presentara a esperada reforma deste servizo público. No caso de Magoi puntualizou que “está claro que hai que traballar con visión de futuro e, tendo en conta que hai un auditorio nesta avenida, non ten sentido que se deseñe un transporte público que deixe esta zona sen conexión durante toda a fin de semana”
A limpeza, reparación, reposición e colocación de novas marquesinas e a mellora da información nos postes informativos das paradas dos autobuses urbanos é outra demanda que se repite neste, e no resto dos barrios de Lugo
Na práctica totalidade das unidades a información é mínima ou inexistente polo que é necesaria a reposición dos mapas informativos de frecuencia e itinerarios dos autobuses. “A información está borrada polo sol ou ben porque o cristal protector está rachado e entra a auga da chuvia”.
Mentres non se tomen medidas “a desinformación sobre horarios e frecuencias continua alonxando aos usuarios do transporte urbano. Máis que invitar aos veciños a utilizalo estase frenando a que se use como alternativa ao vehículo particular”, concluiu Ameijide.