El concejal popular Manuel López subraya que en los 400 metros de esta vía “hay de todo menos asfalto” ya que “los socavones y el barro invaden este acceso que comunica el núcleo con la carretera LU-530, que une Lugo con A Fonsagrada”
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Manuel López solicita que se asfalte a pista que atravesa Fazai xa que “está moi desfeita, con fochancas e lama que dificultan o tránsito dos 60 veciños que residen neste núcleo rural”.
Nesa liña, o popular reclama a reparación urxente dos 400 metros desta vía porque “hai tramos onde é perigoso circular, como a curva que está xunto á fonte pública a uns metros da estrada LU-530 (Lugo-A Fonsagrada), onde hai dous socavóns de grandes dimensións nos que apoza a auga e onde se provocan danos aos vehículos ao daren abaixo”.
O concelleiro popular Manuel López explica que a capa de asfalto desapareceu en practicamente todo o trazado e teme que, co paso diario de vehículos e tractores unido ás inclemencias do tempo, se agrave a situación “ata facer intransitable esta vía”. Así mesmo, os populares solicitan que cando se realice o traballo o goberno local teña precaución á hora de botar a grava de xeito que non se repita a “chapuza” que os socialistas fixeron nesta mesma parroquia, hai uns anos, “cando deixaron o asfalto uns 15-20 centímetros por riba da entrada das vivendas, provocando a entrada da auga nestes domicilios cando chove”.
Paralelamente, os populares reclaman que “unha vez que se realicen os traballos desta vía en concreto, que tamén se reparen e se rebacheen o resto de pistas da parroquia, dado que a rede viaria de Fazai é unha das que peor estado presenta de todos os núcleos que conforman o Concello de Lugo”.
Outras actuacións en Fazai.-
Por outra banda, Manuel López propón que, aproveitando esta actuación, “se coloque unha reixa na fonte pública que verte no camiño e que se canalice esta auga para evitar que siga danando esta estrada”, así como a retirada dun pequeno vertedoiro de lixo que hai na súa beiravía.
Finalmente, os veciños tamén reclaman que se “acondicione minimanente” o Camiño do Monte, “unha pista que dá servizo aos veciños para acceder as súas fincas” pola que é difícil pasar tanto polos socavóns como pola lama que a cobren na súa totalidade.