Antonio Ameijide afirma que “es incomprensible que después de cuatro mandatos de promesas incumplidas, a estas alturas, no puedan disponer de los títulos de propiedad de sus casas, lo que provoca una situación de indefensión legal generándoles infinitos problemas”
O Grupo Municipal do Partido Popular reclama ao goberno local que entregue ás 15 familias das vivendas da Croa os títulos de propiedade das súas casas. O concelleiro popular Antonio Ameijide indicou que “levan 16 anos agardando polas escrituras” recriminando que “pola inacción do goberno para solucionar este problema burocrático se xenere unha situación de indefensión legal aos afectados”.
Os populares puntualizan que “a falta destes títulos ten como consecuencia directa unha longa listaxe de anomalías e complicacións administrativas”. As familias afectadas ao non dispoñer do título de propiedade dos inmobles élles imposible hipotecar ditas vivendas, avalar préstamos, e incluso se atopan con dificultades á hora de facer o testamento ante notario. Outra cuestión que lles afecta ten que ver coa alta no servizo de abastecemento de auga o que lles obriga a pagar nun único recibo o consumo “e tendo en conta que estamos falando de familias con escasos recursos denota unha falla de sensibilidade por parte do goberno local”.
Ameijide lembrou como os veciños das quince casas unifamiliares, situadas no barrio de Albeiros, levan agardando polas escrituras dende que en febreiro do ano 2000 lles entregaron os inmobles. “Era unha das primeiras encomendas que o alcalde do PP, Joaquín García Díez, deixou pendente en 1999. Os populares lembran que a construción destas vivendas sociais foi aprobada na Xunta de Goberno Local do 17 de decembro de 1997, cun prazo de execución de nove meses e por un importe total de 103.530.141 pesetas. “
Os populares afirman que o caso das vivendas sen escrituras da Croa é outro exemplo máis da absoluta paralización administrativa que sofre o Concello. Para o concelleiro popular é incomprensible que en 4 mandatos os socialistas desprezaran a estes veciños “obviando este asunto”. Os populares piden sensibilidade ao goberno local con estas familias “xa que no seu día se fixeron moitos esforzos para que tiveran unha vivenda digna a través do plan de erradicación do chabolismo”. Nese senso solicitan ao pleno que adopte as medidas oportunas, e que no menor prazo de tempo posible se proceda á entregar escrituras das vivendas da Croa no barrio de Albeiros aos seus correspondentes adxudicatarios.
O popular destacou que “é moito máis complicado o trámite para o Garañón e fixérono moito mais rapidamente, parece que ahí non lles importou que os límites non estiveran claros” e lamentou que “este tipo de situacións volven poñer de manifesto que non existe igualdade de oportunidades” preguntándolles aos socialistas “que hai máis social que entregarlles as escrituras a estas familias que viven unhas situacións económicas precarias?”.
Ameijide agarda que a corporación apoie esta iniciativa e que resolva, dunha vez por todas, este problema burocrático recriminándolle ao goberno local que “que ademais das reiteradas queixas dos afectados, no acordo subscrito entre PP e PSOE para o investimento dos remanentes de tesourería se incluía, un punto específico a iniciativa do Grupo Popular, para a entrega dos títulos de propiedade da Croa”.