A la vista de los casos que recogen los medios locales de personas sin hogar, que optan por quedar a la intemperie para no separarse de su mascota, Macamen López propone que se estudie “habilitar en el albergue una habitación o espacio específico para estas personas y sus mascotas”
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Macamen López, pide ao goberno local “una maior sensibilidade” para dar unha solución a aqueles usuarios do Fogar do transeúnte que non queren acceder a estas instalacións, en plena onda de frío, xa que non se permite a entrada do seu can, “que en moitos casos é a única familia que lles queda e da prefiren non separarse”.
Unha situación ante a que Macamen López pide ao goberno local que se busque a solución máis axeitada para que estas persoas sen teito poidan pernoctar a cuberto na compaña da súa mascota. A concelleira popular asegura que hai fórmulas que utilizan outros albergues como poderían ser “habilitar unha habitación ou espazo específico para os sen teito que leven mascotas”.
Os populares lembran que outra vía, a medio longo prazo, podería ser a reactivación da oficina municipal de voluntariado, de xeito que calquera lucense que o desexe podería prestar a súa axuda desinteresada a outras persoas, neste caso acollendo ás mascotas. “É chamativo que este bigoberno se negue de forma sistemática a impulsar o voluntariado e fomentar un labor de acompañamento a diversos colectivos como podería ser tamén o dos sen teito”.
A concelleira popular Macamen López matizou que “non dá crédito á falta de capacidade de reacción do bigoberno de Lugo” lamentando “a indiferencia que está a demostrar, polas persoas sen fogar que están a durmir, dende hai meses, á intemperie porque non queren deixar ao seu can só na rúa”. Para López Silva “é reprobable que o goberno de esquerdas de Lugo mire para outro lado ante esta realidade” explicando que “unha administración local non pode deshumanizarse debe ser solidaria”.