El concejal del Grupo Municipal del PP Rafael Pérez explica que muchos vecinos se pusieron en contacto con los populares ante lo avance de los hundimientos, de varios centímetros, que aparecieron en Ciudad de Viveiro, que podrían deberse al gran volumen de circulación que comenzó a soportar esta calle en las últimas semanas debido a los cambios de circulación realizados por el gobierno local
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Rafael Pérez, pide ao goberno local un estudo urxente sobre o estado do muro da rúa Cidade de Viveiro, xa que nas últimas semanas o chan afundiuse considerablemente, xerando alarma entre os veciños.
Rafael Pérez pide este estudo de xeito urxente, xa que nas últimas semanas esta rúa comezou a soportar un volume de circulación moi superior ao que tiña, aumentando ademais o paso de autobuses, o que podería provocar estes afundimentos polas constantes vibracións que se producen no chan.
Explica o concelleiro popular que este muro que da a rúa Frai Plácido Rei Lemos debe ser sometido a estudo para coñecer a súa viabilidade, xa que estes afundimentos deben de preocupar ao goberno local para que non suceda algo que logo haxa que lamentar, e tamén para descubrir as súas causas e poder dar unha solución no menor prazo de tempo posible para tranquilidade dos veciños.
Unha das posibles causas destes afundimentos pode deberse aos cambios de tráfico ordenados polo goberno local, trocos realizados sen estudos de tráfico para dar alternativas aos condutores, o que provoca que toda a circulación vaia pola mesma rúa sen saber se é capaz de absorbelo e de soportalo.