Urbanismo

El PP pide un plan de intervención en el entorno de la residencia de As Gándaras, donde no hay aceras y hace falta una mejor iluminación

By 14 marzo, 2022No Comments

Los populares explican que en el entorno de la residencia de mayores no hay aceras por lo que tanto los usuarios y trabajadores que entran y salen del centro y las visitas tienen que llegar a la puerta por la calzada, con el evidente peligro que eso supone

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP visitaron estes días o barrio das Gándaras, onde os veciños reclamaron diversas mellores, sobre todo na contorna da residencia de maiores que hai na zona.

Dentro da campaña, #CosPésEnLugo, os edís populares seguen a atender todas as chamadas realizadas polos lucenses para escoitar e tentar atopar a mellor solución posible ás demandas veciñais.

Nas Gándaras, os populares comprobaron como é preciso acometer un plan de intervención urxente xa que hai numerosas eivas. Na contorna da residencia de maiores é precisa a creación dunha beirarrúa arredor da residencia , xa que non hai. Tamén hai que habilitar unha zona de  aparcamento lateral, no lateral que hai ao carón do campo de fútbol xa que non hai estacionamentos habilitados, a pesar de que se usa para este fin.

Tamén cómpre mellorar a iluminación na zona e sinalizar e reformular pasos de peóns, xa que tal a distribución actual é mellorable. En canto ao transporte urbano ao barrio, é preciso estudar a posibilidade de mover a marquesiña de autobús xa que onde está na actualidade é perigosa pola falta de visibilidade para os coches, polo que desprazándoa uns metros sería máis seguro e poderíase acondicionar outra marquesiña máis na outra marxe da rúa.

Medidas que se deberían de estudar e realizar con axilidade xa que na residencia de maiores hai unhas 130 persoas traballando e 180 usuarios e a realidade é que só hai un tramo de beirarrúa e se algún usuario sae a tomar un café ou ten que cruzar a rúa para ir á parada de bus é moi perigoso. Unha realidade que tamén sofren os traballadores da residencia xa que se aparcan os coches pola parte de atrás ou no lateral, teñen que ir camiñando pola calzada.

Ademais, trátase dunha zona na que hai varios locais de hostalería moi frecuentados polos veciños, sen esquecer o gran volume de vehículos que circulan pola zona, xa que é un dos traxectos máis empregados para ir ao Hula ou polos usuarios que teñen as instalacións deportivas do barrio.

Os populares sinalan que se trata “dunha actuación global moi necesaria no que xa houbo algún atropelo e accidentes de tráfico”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies