Los concejales del Grupo Municipal del Partido Popular se acercaron hasta la Quinta de Pérez después de recibir numerosas quejas de los vecinos del barrio, una visita en la que pudieron comprobar cómo en los últimos años la dejadez de funciones del gobierno local derivó en que esta zona de la ciudad, en la que solían jugar docenas de niños y pasear los vecinos del barrio, derivara en una zona lúgubre y deprimida, en la que es precisa una intervención inmediata
O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo denuncia o abandono que sufre a Quinta de Pérez, unha zona da cidade “totalmente deprimida” debido ao abandono que sofre por parte do goberno local.
Para os populares “é terrible” dar un paseo por esta zona senlleira da cidade, que ata hai poucos anos contaba cunha vida social notable, xa que no parque e na pista deportiva do barrio todas as tardes se congregaban todos os veciños do barrio para pasear e conversar, mentres os nenos xogaban. “É moi triste ver como esta zona da cidade foi indo a menos. Os diferentes gobernos socialistas e o actual bigoberno non fixeron nada por revitalizar esta zona, polo que agora mesmo está moi deteriorada”, sinalaron.
Desde o grupo popular explican que os veciños desta zona “están cansos” de que o goberno local faga oídos xordos as súas peticións, entre as que se encadran medidas urxentes como o arranxo da rúa e unha intervención urxente no parque infantil e na pista deportiva. A rúa que percorre o barrio, un treito da rúa Otero Pedrayo, precisa dunha intervención urxente xa que as arquetas están afundidas, o que provoca un serio risco para condutores e peóns (non hai beirarrúas). A zona adicada para os nenos “é caótica”. O que hai anos era unha pista deportiva con porterías e canastras, agora é unha zona “fría e chea de maleza” na que é imposible xogar, xa que pese a que aínda hai unha canastra “precaria” as fochancas que hai no chan impiden botar un balón. “Tamén é curioso ver como a alcaldesa agora se adica a inaugurar parques infantís en diferentes zonas da cidade, mentres aquí segue a negar as reclamacións dos veciños, xa que o parque está en terra e só conta cun tobogán e un bambán”, explicaron.
O aseo urbano tamén é outra das principais eivas na Quinta de Pérez, ao igual que no resto da cidade. Cun simple paseo pódese comprobar a suciedade, como hai tempo que non se realiza unha limpeza en condicións nesta zona, xa que se pode ver o lixo pola rúa, a maleza invadindo as zonas de paseo ou mesmo as papeleiras rotas.
Os populares tamén sinalan que os veciños piden unha mellora substancial o alumeado público xa que hai zonas moi mal alumeadas, o que incide nun sensación de inseguridade. “É imprescindible que o goberno local se tome en serio a preocupación polos barrios e a mellora das súas condicións. Non é de recibo que despois de tantos anos de reclamacións os veciños da Quinta de Pérez vexan como a zona na que viven experimenta unha decadencia continuada sen que ninguén dende o Concello de Lugo lle poña remedio”, denunciaron.