El concejal popular Manuel López afirma que “de esta formal se daría servicio a las familias que a diario aguardan a la intemperie por el autobús que los traslada hasta el Colegio de Nadela”
O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López presentará un rogo en comisión para que se amplíe a liña 11 de autobús urbano para achegar o servizo aos veciños da parroquia de Santa Comba. O edil do PP explicou que, na actualidade, os buses chegan ata Tablicia polo que propón que extenda a ruta ata o cambio de sentido onde se colle para Santa Engracia situado na estrada de Lugo-Sarria. López manifestou que será un quilómetro máis de percorrido matizando que “é unha distancia mínima que non suporá grandes investimentos a maiores xa que é máis unha cuestión de vontade política que de diñeiro”.
Manuel López Fernández explicou que ao longo do traxecto hai unha zona que linda coa estrada onde está preparada unha plataforma para que pare o autobús “só habería que sinalizada tanto vertical como horizontalmente”.
O popular tamén solicitou “a instalación dunha marquesina para que se resgarden as familias da parroquia con nenos que collen a diario o autobús escolar no campo da festa para desprazarse ata o colexio de Nadela”. O popular explicou que cando chove “a zona onde agardan os pequenos semella un lameiro xa que se enche de auga porque non hai canalización algunha”. Por iso, dende o Grupo Popular demandan que ademáis de instalar a marquesina se acondicione a beiravía, tanto na pista que da acceso ao campo da festa como no tramo onde se instale a marquesina, para evitar que se apoce a auga. O popular afirmou que o PSOE de Lugo prometeu, xa varios anos, este mobiliario matizando que “os veciños queixanse pola falla de compromiso e de palabra dos distintos gobernos socialistas de Lugo”.