Los vecinos de la calle Camiño do Tronzo lamentan que pese a los trabajos de arreglo de la calle que se están realizando, solicitados la raíz de un ruego del PP, no se solucionaron los problemas de evacuación de agua ya que hay alcantarillas que siguen completamente tupidos
Os veciños da rúa Camiño do Tronzo, na Tolda de Meilán, esixen ao Concello de Lugo unha mellor execución dos traballos de arranxo da zona que se están a desenvolver xa que coas chuvias dos últimos días comproban como se manteñen os problemas que levan anos denunciando.
Os concelleiros populares recordan que esta vía, de 400 metros de lonxitude, non tiña asfalto nin unha axeitada canalización para desaugar a auga de chuvia o que provocaba que entrase nas vivendas. “Onte recibimos a chamada dos veciños que nos explicaron que pese aos traballos que se realizan na zona, a auga da chuvia volve a estancarse e estaba a piques de entrar nas casas”, explicaron.
Para os populares urxe unha revisión dos traballos que se están a desenvolver na zona para evitar este problema e garantir que aos veciños non lles volve a entrar auga na casa, sobre todo tras comprobar hoxe mesmo os concelleiros populares como hai sumidoiros completamente tupidos.
Pero ademais, o idóneo sería aproveitar os traballos para dotar de abastecemento de auga corrente e saneamento ás catro vivendas da zona, unha obra que se podería realizar sen maiores problemas xa que os negocios que hai na zona si que teñen estes servizos municipais e, as vivendas que hai na outra beira da N-VI, tamén o teñen.
Os veciños insisten en que hai outras eivas a corrixir, como a necesaria mellora da accesibilidade da rampla que dá acceso ao paso elevado na N-VI (á altura do serradoiro) xa que ten un desnivel demasiado pronunciado como para poder ser usado por persoas en cadeira de rodas ou por maiores. Tamén piden unha solución á colocación do colector do lixo que hai ao carón deste paso elevado xa que se colocou ao outro lado da cuneta o que impide que, por exemplo, a xente maior poida levar o lixo, sen esquecer que non hai colectores para realizar unha recollida selectiva.
Os populares tamén instan ao goberno local a asfaltar esta rúa na súa totalidade, en lugar de quedarse nos primeiros 100 metros desde a entrada pola N-VI.