El vicevoceiro del PP Antonio Ameijide considera que “uno de los principales desafíos y problemas del bigoberno es solucionar las indemnizaciones millonarias de los casos de urbanismo a la carta con sello socialista” como son las torres del Garañón y la cesión de terrenos a un promotor por la pérdida de edificabilidad en el Portela
O Partido Popular considera que un dos principais retos do goberno local neste 2022 será solucionar ás indemnizacións millonarias pendentes dos casos de urbanismo á carta con cuño do PSOE.
Nese senso, o vicevoceiro popular anuncia que vai presentar iniciativas para que se cuantifique canto nos van a custar aos lucenses “os convenios urbanísticos do Garañón e do Portela” matizando que “tanto un coma outro foron cociñados polo padriño político de Lara Méndez, o señor Besteiro” lamentando que “a rexedora siga defendendo o seu legado envelenado”.
Os populares queren “luces e taquígrafos con respecto ás negociacións que se abran co promotor, propietario do García Portela, que cedeu un solar para salvar o Sanatorio a cambio de recibir outros terreos municipais en compensación”. Nese senso, Ameijide avanzou que pedirá explicacións en comisión sobre varios aspectos como por exemplo:
– Os motivos polos que non figuraba ningún informe técnico que avalase a cesión de terreos por perda de edificabilidade na xunta de goberno celebrada o 16 de setembro de 2020; as razóns polas que se fixo con tanta urxencia a Xunta de Goberno para garantir a cesión de terreos ao promotor propietario do Portela sen contar cun expediente económico; tamén queremos saber se dende que se firmou a cesión de parcelas ao promotor deste solar houbo algún contacto co constructor e como se lle vai compensar pola perda de edificabilidade; no caso de que se entreguen outras parcelas queremos que nos digan onde e cales van ser; a canto podería ascender a indemnización por anular esta operación sen informes e se, neste momento, segue vixente o convenio urbanístico.
Para o vicevoceiro popular resulta pouco crible que a alcaldesa de Lugo “presuma dun novo modelo urbano verde e non sexa capaz de resolver o despropósito urbanístico nun dos entornos verdes máis privilexiados da cidade”. “Está claro que mentres permaneza esta mole de formigón tal e como está esa será a imaxe que represente para todos os lucenses un dos períodos máis escuros do urbanismo de Lugo”.
Os outros desafíos urbanísticos deste ano deberían ser o desbloqueo do Plan Xeral; impulsar a revisión dun novo Plan Xeral; a actualización do PEPRI e o desenvolvemento de Unidades de Intervención.