Personaltransparencia

El PP ponen sobre la mesa las 12 decisiones que explican la crisis de personal de Lara Méndez en el último año

By 17 diciembre, 2018diciembre 18th, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que con la huelga iniciada hoy en el Ayuntamiento de Lugo por los trabajadores municipales se “certifica” el fracaso en materia de personal de Lara Méndez ya que “no se recuerda una huelga y una crispación” de estas características entre el personal municipal

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que coa folga iniciada hoxe no Concello se “certifica” o fracaso en materia de persoal de Lara Méndez xa que “non se recorda unha folga e unha crispación” destas características entre o persoal municipal.

Antonio Ameijide explica que a “división” xerada por Lara Méndez entre o persoal do Concello de Lugo é “unha táctica” semellante á empregada por Pedro Sánchez a nivel nacional, que se empeñou en dividir á sociedade española, unha estratexia “nefasta” de Lara Méndez que ten unhas consecuencias “terribles” que “agora temos que pagar toda a cidadanía”. “Converteron Lugo na cidade da parálise e da crispación, chegando a complicar a situación ata límites insospeitados, xa que, segundo os medios de comunicación, estas confrontacións xa pasaron das palabras”, afirmou o popular.

Ante esta situación, o voceiro popular expón 12 exemplos da crise de persoal “provocada” por Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo:

En primeiro lugar, Ameijide recordou a supresión en xaneiro da Dirección Xeral de Recursos Humanos, un posto político creado en xuño de 2016, a razón de 5.000€/mes. O popular di que a Dirección Xeral de RR. HH. non solucionou ningún dos problemas existentes no Concello de Lugo e o único que supón é unha duplicidade de funcións porque se lle encomendan cuestións que son competencia da Xefatura de persoal.

En segundo lugar, o popular recorda, precisamente, a dimisión da directora xeral de Recursos Humanos despois de que o acordo plenario tomado por toda a oposición lle esixira a Lara Méndez a supresión da Dirección Xeral de Recursos Humanos.

En terceiro lugar, Ameijide explica que a “nefasta” xestión de Lara Méndez á fronte do Concello redunda nun funcionamento “inadecuado” da administración, que se ve reflectido nas numerosas xefaturas de servizo que están vacantes (arquitectura, bombeiros, parque móbil, banda de música, servizos electromecánicos, cultura, intervención ou augas entre outros), o que repercute na parálise e no caos de persoal que se vive no Concello de Lugo.

En cuarto lugar, o voceiro popular insiste en que “a falta de dirección política en materia de persoal” debilita a organización interna do Concello, motivo polo que os traballadores se reuniron en varias ocasións co Grupo Popular para amosar o seu descontento e poñer sobre a mesa situacións que “é imprescindible” desbloquear, como a posta en funcionamento do sistema de control horario.

En quinto lugar, Antonio Ameijide pon outra das reclamacións do persoal municipal, como é a RPT, un problema que Méndez propiciou que se enquistara no Concello e, chegou a tal punto, que na segunda proposta de acordo realizada aos traballadores tivo menos apoios que na primeira.

En sexta posición, o popular sitúa a caducidade das 31 prazas da OEP do ano 2015 do Concello de Lugo. Hai poucas datas que o director xeral de RR. HH. non “aclarou” se a OEP de 2015 caducará o 31 de decembro, perdéndose as 31 prazas ofertadas, xa que se basea nunha sentenza xudicial na que se especifica que se as prazas se convocan antes dos tres anos marcados pola lei non caducan, pero recoñeceu opinións xurídicas contraditorias que poden desmontar esta teoría.

En sétimo lugar, Ameijide di que a falta de persoal no Concello provoca problemas, moitos deles graves, como o colapso existente na resolución de licenzas, chegando a resolverse unha licenza cada tres días.

En oitavo lugar, o popular exemplifica a falta de persoal municipal coa renuncia do xefe de bombeiros de Lugo tras varias discrepancias coa alcaldesa, un posto que, a día de hoxe, segue vacante.

En noveno lugar, a crise creada por Lara Méndez na Escola Municipal de Música. Un problema “enquistado” polo goberno socialista que, logo de dous anos co problema xurdido pola sentencia que anula os novos contratos dos músicos, o goberno local non fose capaz de buscar unha solución o que provocou que os 18 profesores e membros da banda non saiban se va cobrar as nóminas de decembro e dos meses posteriores.

En décima posición, a negativa de Lara Méndez a negociar a modificación do Regulamento Interno de Persoal e tentar impoñer as súas esixencias sen ter apoio algún. A única intención da rexedora era acadar unha modificación que lle permitira impoñer unha “barra libre” de horas extraordinarias aos traballadores municipais para tapar as “alarmantes carencias de persoal” que hai nos diferentes servizos.

En décimo primeiro lugar, o popular fala das 23.612 horas extraordinarias que os socialistas ordenaron realizar aos traballadores municipais, tendo un custe total para as arcas municipais de 512.999€. Ademais, desas máis de 23.000 horas extra encargadas, 4.483 incumpren o Regulamento Interno de Persoal, polo que Lara Méndez pode deixar sen pagar 92.441,52€.

Finalmente, en décimo segundo lugar, o colofón de todos os despropósitos de Lara Méndez: a folga convocada polos traballadores municipais para protestar pola nefasta xestión en materia de persoal da alcaldesa. “É o colmo dos despropósitos, xa que o único consenso que acadou Lara Méndez en materia de persoal é a negativa de todos os traballadores ás súas decisións”, sentenciou o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies