Los concejales del Grupo Municipal del PP quieren conocer cuáles son las causas que esgrimen socialistas y nacionalistas para que el mercado de Frigsa siga sin celebrarse, a pesar de que los mercados al aire libre fueron los primeros que recibieron autorización de las autoridades sanitarias para recuperar su actividad
Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo preguntan ao bigoberno de Lugo polos motivos de que o mercado de Frigsa siga sen celebrarse, a pesar de que os mercados ao aire libre foron os primeiros que recibiron permiso para poder celebrarse por parte das autoridades sanitarias.
Os populares sinalan que coa entrada da Fase 1, os concellos están facultados para reiniciar a actividade dos mercados ao aire libre ou venda non sedentaria (mercadillos) na vía pública, “sempre respectando as condicións de distanciamento entre postos e delimitación do mercado ambulante para correcto control do aforo polas forzas de seguridade”.
As directrices marcadas polas autoridades sanitarias establecen que só poderán instalarse o 25% dos postos habituais, pero tamén se poderá aumentar a superficie dispoñible para o mercado de forma que se asegure o mantemento da distancia de seguridade entre os postos e entre os viandantes.
Neste senso, os populares preguntan tanto a socialistas como a nacionalistas polos motivos de manter pechada a actividade no mercado de Frigsa, un lugar no que consideran “se das as condicións” para retomar a actividade coas necesarias medidas de seguridade.
Os concelleiros populares critican “a falta de interese e a nula capacidade de reacción” do goberno local para reabrir o mercado, que se celebraba martes e venres no parque de Frigsa, e que continúa cancelado. Por iso, os populares valoran a posibilidade de pedir acceso á nova normativa que rexe o funcionamento do mercado de Frigsa para indagar nos motivos de este permaneza pechado ao público, un mercado no que decenas de autónomos venden o seus produtos.