Sagrario Sánchez presenta una batería de preguntas ante la comisión correspondiente para conocer los motivos de que el gobierno local apagara esta máquina, que tenía como único objetivo facilitar gestiones a los vecinos
O mantemento xeral do municipio é unha das grandes eivas do goberno local de Lara Méndez e Rubén Arroxo, que non son capaces, sequera, nin de solucionar os problemas que teñen á porta do despacho, por mínimos que sexan.
A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular, Sagrario Sánchez, explica que actualmente, na entrada do edificio administrativo do Concello, atópanse varias máquinas para facilitar ao cidadán algunhas xestións coas administración públicas, como, por exemplo, co Servizo Galego de Colocación.
Unhas máquinas que teñen por obxecto axilizar trámites aos cidadáns para evitar colas innecesarias e perdas de tempo, pero que na práctica non solucionan nada, xa que dende hai tempo esta máquina en concreto permanece apagada, polo que os veciños non poden facer uso dos servicios que lles proporcionaría se estivese en uso.
Ante esta situación, Sagrario Sánchez presenta unha batería de preguntas ante a comisión correspondente para coñecer os motivos de que se atope apagada e tamén para coñecer o estado de funcionamento do resto de máquinas que teñen como obxectivo axilizar trámites aos veciños.